O noso departamento de intermediación buscarache un emprego. Contactaremos con empresas do teu perfil profesional para que te coñezan e poidan darche una oportunidade laboral.
Ofrecémosche formación sectorial especializada na profesión que che interese. Toda a nosa formación laboral é 100% práctica, NADA DE TEORÍA!
Se cres que podes mellorar o teu currículo e as túas habilidades tecnolóxicas, coa nosa formación transversal poderás facelo. Ademáis, é 100% online!
Contarás con sesións cos nosos técnicos nas que analizaremos o teu perfil, fixaremos unha meta laboral e crearemos un plan para que podas conseguilo. Tes algunha necesidade? Traballaremos nela.
Se estás interesada, conseguiremos que fagas unha estancia nunha empresa para que te coñezan e poidan ver como traballas. Así eliminamos as entrevistas de traballo! Pasas directamente á acción.