Versión 1 · 17/11/2026 · Texto pendente de revisión e visto bo pola asesoría xurídica de Fundación Naru.
1. Que son as cookies?
As cookies son pequenos ficheiros que unha web garda no teu dispositivo cando a visitas. Serven, por exemplo, para que a web funcione correctamente, para lembrar as túas preferencias ou para saber como se usa. Nesta política tamén chamamos «cookies» a outras tecnoloxías similares (píxeles ou etiquetas).
Esta web pertence ao Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27. A responsable é a Fundación Naru (NIF G02718625). Tes os seus datos de contacto na política de privacidade.
2. Que cookies usamos?
Cookies técnicas e necesarias (non requiren o teu consentimento, art. 22.2 da Lei 34/2002):
| Cookie | Titular | Para que serve | Duración |
|---|---|---|---|
| CookieLawInfoConsent, cookielawinfo-checkbox-*, viewed_cookie_policy | Propia (CookieYes) | Gardar as túas preferencias sobre cookies. | 1 ano |
| wordpress_test_cookie, wp-settings-*, wp_lang | Propia (WordPress) | Funcionamento básico da web e acceso das persoas que administran a web. | Sesión / ata 1 ano |
| weglot_allow_private | Propia (Weglot) | Funcionamento do selector de idiomas. | Sesión |
Cookies de análise e de publicidade (só se instalan se as aceptas no panel de cookies):
| Cookie | Titular | Para que serve | Duración |
|---|---|---|---|
| _ga, _ga_* | Terceiro (Google Analytics) | Saber de forma estatística cantas persoas visitan a web e que páxinas consultan. | Ata 2 anos |
| _gid | Terceiro (Google Analytics) | Distinguir visitas durante o día. | 24 horas |
| Etiqueta de seguimento de Metricool | Terceiro (Metricool) | Estatísticas de visitas á web para o informe de difusión do programa. | [PENDENTE: confirmar co provedor] |
| _fbp | Terceiro (Meta) | Medir a eficacia dos anuncios do programa en Facebook e Instagram. | 3 meses |
Algúns destes provedores poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, nos termos indicados na política de privacidade. Podes consultar as súas políticas en Google e Meta.
3. Como aceptar, rexeitar ou cambiar a túa decisión?
- Ao entrar na web aparece un panel onde podes aceptar todas, rexeitar todas ou configurar por categorías. Rexeitar é tan doado como aceptar.
- Podes cambiar ou retirar o teu consentimento en calquera momento desde a ligazón ou a icona de configuración de cookies da web.
- Tamén podes eliminar ou bloquear as cookies desde a configuración do teu navegador (Chrome, Firefox, Safari, Edge…). Se bloqueas as cookies técnicas, é posible que algunha parte da web non funcione.
4. Cambios nesta política
Actualizaremos esta política cando cambien as cookies que usamos. A data da última versión figura ao comezo.