Xunta de Galicia - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Ministerio de Trabajo y Economía Social; Programas integrados de emprego de Galicia
Fundación Naru

Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27

Es maior de 52 anos e estás en situación de desemprego?

Non é tarde para volver a empezar. Para persoas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia.

✓ Orientación, formación e prácticas en empresas
✓ Itinerarios: establecemento e produtos frescos, cociña, almacén e loxística e camareira de piso, adaptables ao teu perfil
✓ Rúa Mendaña de Neyra, A Coruña

É gratuíto. Ademais, recibes 10 € por cada día de asistencia.

Cobras o paro ou un subsidio? Antes de empezar revisaremos contigo, e coa túa oficina do SEPE se fai falta, como che afecta a bolsa.

610 57 53 52

Prazas limitadas. Primeira selección de participantes: ata o 29 de decembro. Quedan:

Días
Quero información

Quero información

Déixanos os teus datos e chamarémoste en 24–48 horas para explicarche o programa e comprobar contigo os requisitos. Enviar o formulario non supón a admisión: a selección faise a través da túa oficina de emprego.

Se aínda non o estás ou non o sabes, axúdamoste a comprobalo e a facer a inscrición.

Responsable: Fundación Naru. Finalidade: atender a túa solicitude; contactarémoste por teléfono, WhatsApp ou correo para explicarche o programa e comprobar contigo os requisitos. Podes exercer os teus dereitos escribindo a info@narufundacion.org. Máis información na política de privacidade.

Grazas! Recibimos os teus datos. Chamarémoste nun prazo de 24–48 horas para explicarche o programa. Se o prefires, escríbenos agora por WhatsApp ao 610 57 53 52.

O programa en detalle

Que farás?

Orientación individual cunha persoa técnica de referencia, formación, prácticas profesionais en empresas e intermediación laboral ata atopar emprego.

Formación

514 horas, 326 delas en especialidades do Catálogo do SEPE. Itinerarios en establecemento e produtos frescos, cociña, almacén e loxística e camareira de piso, adaptables ao teu perfil. Ademais: busca de emprego, competencias dixitais, dereitos laborais e igualdade.

Obxectivo de inserción

Que polo menos o 40 % das persoas participantes consigan un emprego.

Medidas para facilitar a túa participación

Edicións de mañá e de tarde · 126 horas de teleformación · sesións de ata 4 horas compatibles co coidado de persoas dependentes · horarios ampliados e atención preto da túa casa en casos xustificados · axuda económica para coidados en casos xustificados.

Xunta de Galicia - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Ministerio de Trabajo y Economía Social; Programas integrados de emprego de Galicia; Fundación Naru; Xacobeo 2027

Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27, financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e o Servizo Público de Emprego Estatal (Ministerio de Traballo e Economía Social).

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies

WhatsApp

Chamar