fbpx

Que son os Programas Integrados de Emprego?

Non sabes por onde empezar a buscar emprego? Pode que precises a axuda dun Programa Integrado de Emprego… non sabes o que son? Explicámoscho

Que é un Programa Integrado de Emprego?

Según a Xunta de Galicia, «os programas integrados de emprego (PIE) son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, durante un período de 12 meses, de 100 persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia».

En definitiva, son programas gratuítos orientados a persoas en situación de desemprego que teñen como obxectivo a súa inserción no mercado laboral e a mellora do seu perfil profesional. 

Hai moitos programas integrados de emprego e se poden atopar todos os activos na páxina dos programas integrados de emprego de GaliciaCada Programa Integrado de Emprego dura 12 meses e conta con 100 participantes dos que mínimo teñen que atopar emprego 40.

E sabes o mellor? Que recibirás 10€ ao día por asistencia ás actividades do programa. 

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano

Dende a Fundación Equipo Humano temos activo un programa integrado de emprego orientado a mulleres menores de 30 anos de A Coruña e arredores.

Que farás no Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano?

A labor principal que temos no Programa de Emprego é buscarche traballo. Para conseguilo, poderás esperar o seguinte:
 
  • Intermediación laboral. É dicir, axudarémosche a buscar traballo contactando con empresas do teu perfil profesional para que te coñezan e poidan darche una oportunidade laboral.
  • Formación no teu sector. Especializada na profesión que che interese. Toda a nosa formación laboral é 100% práctica, NADA DE TEORÍA!
  • Formación de empregabilidade, para aprender a buscar emprego. Se cres que podes mellorar o teu currículo e as túas habilidades tecnolóxicas, coa nosa formación transversal poderás facelo. Ademáis, é 100% online!
  • Orientación personalizada. Contarás con sesións cos nosos técnicos nas que analizaremos o teu perfil, fixaremos unha meta laboral e crearemos un plan para que podas conseguilo. Tes algunha necesidade? Traballaremos nela. 
  • Prácticas en empresas. Se estás interesada, conseguiremos que fagas unha estancia nunha empresa para que te coñezan e poidan ver como traballas. Así eliminamos as entrevistas de traballo! Pasas directamente á acción. 

Cales son os nosos resultados?

O noso obxectivo é a inserción de 40 persoas ao mercado laboral, e temos xa 6 anos de experiencia nos que conseguimos os seguintes resultados:
 
  • 6 programas anteriores
  • 530 participantes
  • +270 insercións laborais
  • 4.7/5 nas enquisas de satisfacción dos participantes

Que Programa Integrado de Emprego elixo?

Coma dixemos antes, hai unha morea de Programas Integrados de Emprego por toda Galicia, pero… como elixo un?
 
Cada Programa Integrado de Emprego ten uns requisitos á hora de poder aceptar participantes. Por iso, o primeiro que deberás facer é revisar os requisitos que cada programa e mirar en cales podes participar.
 
Unha vez tes a túa lista, elixe o que máis che guste e mellores resultados de anos anteriores teña.
 
No Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano buscamos a:
  • Mulleres
  • Desempregadas
  • Menores de 30
  • Residentes na Coruña e arredores (Cambre, Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos, Carballo, Arteixo e Bergondo)
  • Sen titulación superior (F.P. ou Universitaria)

Se cumpres os requisitos e precisas axuda para buscar emprego,  inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.