Emprego Xunta Cita Previa

Para pedir cita previa na túa oficina de emprego primeiro deberás comprobar cal é a túa oficina de emprego. Para facelo deberás ir á páxina web do servizo de emprego da túa comunidade autónoma, no caso de galicia a emprego.xunta.gal.

Ao entrar nesta web, deberás buscar o apartado que pon “Solicita cita previa para a túa oficina de emprego”.

Pedir cita na oficina de emprego

Cando entres no apartado de “Solicita cita previa para a túa oficina de emprego” da páxina emprego.xunta.gal deberás introducir o teu código postal. Ao facelo, aparecerá o nome da túa oficina de emprego correspondente. Tamén poderás ver a súa ubicación, correo electrónico e número de teléfono gratuito. Clica en “pedir cita” para comezar a túa solicitude.

Cita para a demanda de emprego

Despois de clicar en “pedir cita” deberás seleccionar a túa oficina e o trámite que queres facer. Poderás seleccionar:

  • Orientación e asesoramento/Datos protexidos
  • Contratos
  • Ofertas de emprego/cursos de formación
  • Acreditación de búsqueda activa de emprego (BAE)
  • Inscripción, actualización/modificación da demanda, informes

Para inscribirte por primeira vez como demandante de emprego deberás seleccionar “Inscripción, actualización/modificación da demanda, informes”. Tamén deberás seleccionala para darte de alta tras unha tempada de traballo ou para modificar a túa experiencia laboral ou estudos.

Despois de seleccionar o trámite, deberás buscar un día que a oficina de emprego teña ocos e seleccionar a hora que prefiras.

Por último, deberás completar a túa información persoal. Unha vez teñas a túa cita, terás que acudir á túa oficina de emprego o día e hora seleccionados.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27 ofrecemos orientación, formación e prácticas en empresas, de balde, para que mellores as túas competencias e atopes o traballo que buscas.

Se es maior de 52 anos e estás inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, esta é a túa oportunidade.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Xunta de Galicia - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Ministerio de Trabajo y Economía Social; Programas integrados de emprego de Galicia; Fundación Naru; Xacobeo 2027