fbpx

Bolsas de emprego

Na búsqueda de emprego ideal, é esencial explorar todas as ferramentas dispoñibles, e as bolsas de emprego son recursos moi valiosos que soen pasar desapercibidos. Estas plataformas ofrecen oportunidades únicas para os candidatos que desexen impulsar as súas carreiras. Neste artigo, exploraremos como aproveitar ao máximo as bolsas de emprego.

Que son as bolsas de emprego?

Os Servizos Públicos de Emprego ofrecen bolsas de traballo para axudar na búsqueda de emprego. Son un servizo que busca unir a ofertantes e candidatos para que sexa máis sinxelo atopar ofertas de emprego. Hai bolsas tanto de emprego público coma privado dispoñibles nas oficinas de emprego.

As bolsas de emprego buscan clasificar e ordenar empregados para certo posto de traballo. Son coma unha lista de espera na que te anotas para conseguir certo emprego.

Como podo acceder a unha bolsa de traballo?

Para acceder a unha Bolsa de Traballo dun Servizo Público de Emprego deberás estar inscrito como demandante de emprego e ter todos os nosos datos actualizados.

Ademais, unha persoa que queira acceder a unha bolsa de traballo do SEPE debe:

  • Ter nacionalidade española.
  • Ter a idade establecida nas bases da convocatoria de cada emprego.
  • Poseer a titulación requerida en cada oferta laboral.

Poderás inscribirte a unha bolsa de emprego de forma presencial ou telemática. A maioría de bolsas de emprego públicas piden unha oposición para acceder a elas.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.