fbpx

Cursos gratis

Cando estás en situación de desemprego, podes acceder a unha serie de cursos gratuitos que complementarán a túa formación. Queres coñecelos?

Cursos SEPE

A Axencia de Emprego Española (anteriormente coñecida como SEPE) pon a túa disposición unha serie de formación completamente gratuita para que poidas mellorar o teu perfil e complementar a túa formación. 

Para solicitar estes cursos deberás visitar esta páxina web e ver os cursos que están a piques de comezar (na Comunidade Autónoma de Galicia). Tamén poderás facer a inscripción desde esa propia páxina web.

Poderás solicitar o asesoramento de técnicos de emprego que te axudarán a crear o teu itinerario formativo personalizado e inscribirte nos cursos. Para facelo, podes pedir unha cita de orientación na túa oficina de emprego ou a través da oficina virtual.

Cursos subvencionados

Os cursos subvencionados son aqueles financiados pola Administración pública destinados a persoas en activo ou en situación de desemprego para mellorar a súa formación sen ningún coste.

Para atopar cursos subvencionados deberás buscar “Cursos subvencionados para desempregados” en Google e abrir un dos buscadores de cursos que aparecen. Alí poderás ver toda a oferta que hai de cursos.

Programas de emprego

Se precisas máis axuda á hora de buscar emprego, hai programas gratuitos financiados por organismos públicos que ofrecen servizos de formación, intermediación e orientación para axudarte a atopar o emprego que buscas. Estes programas incluen unha gran oferta de formación gratuita no seu currículo.

Algúns destes programas gratuitos de orientación laboral son:

  1. Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Financiado pola Xunta de Galicia. Actualmente axudan a mulleres menores de 30 anos que residan en Coruña, Cambre, Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos, Carballo, Arteixo e Bergondo, desempregadas e sen titulación superior homologada (F.P ou Universitaria). Ofrecen prácticas, intermediación, orientación e formación para mellorar o teu perfil profesional e que atopes emprego. Accede ao sitio web.
  2. Se Buscan Héroes. Un programa para menores de 30 anos desempregados que ofrece formación, orientación e intermediación para atopar emprego ou empezar o teu proxecto empresarial. Accede ao sitio web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.