A demanda de emprego
Ser demandante de emprego é fundamental para atopar traballo. Cando estás de alta como demandante de emprego conseguirás que o Servizo Público de Emprego poida axudarte na túa búsqueda, ademais de ofrecer cursos e programas de emprego como o Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano para mellorar o teu perfil profesional.
Unha vez te das de alta por primeira vez nunha oficina de emprego, deberás renovar a túa demanda cada tres meses. Pero esta renovación poderá ser feita a través de Internet dende a túa casa.
Renova a túa demanda de emprego por Internet
Cando te inscribes por primeira vez como demandante de emprego nunha oficina, recibirás un papel chamado DARDE onde aparece o estado da túa demanda e as datas de renovación. Ademais, terá escrito un código PIN que poderás precisar para entrar na túa oficina virtual e actualizar os teus datos ou o estado da túa demanda.
A demanda de emprego depende de cada Comunidade Autónoma, en Galicia deberás acceder a esta páxina web para poder renovar a túa demanda.
Como renovar a demanda de emprego por Internet
Para renovar o DARDE a través de Internet deberás:
- Acceder á oficina virtual da túa Comunidade Autónoma.
- Iniciar sesión. Haberá que poñer o noso usuario e contrasinal. O usuario normalmente é o noso Correo Electrónico ou DNI e o contrasinal facilitárono presencialmente na primeira alta. Se non recordas o teu contrasinal, poderás recuperalo clicando en “Olvidé mi contraseña”.
- Clica en “Renovar la tarjeta de demandante – Sellar Paro”. Sempre terás que facelo no día de renovación.
- Imprime ou descarga o PDF da mensaxe de confirmación da renovación.
É obligatorio renovar a Demanda de Emprego para poder acceder aos servizos asociados coa mesma ou recibir prestacións e subsidios.
Vantaxes de ser demandante de emprego
Estar anotado como demandante de emprego ten algunhas vantaxes que imos ver agora:
- Acceso a cursos de formación gratuitos.
- Acceso a plans de emprego como o Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano, onde recibirás orientación, intermediación e formación completamente gratis.
- Recibir ofertas de emprego axustadas ao noso perfil.
- Bonificacións e axudas para ser contratado que fan que a empresa prefira contratar a un candidato parado que a un en activo.
- Poder acceder ao “Sistema de Garantía Juvenil”, que ofrece formación especializada e facilidades de contratación a xente nova.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.