Ingreso Mínimo Vital
O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación económica da Seguridade Social destinada a prevenir o risco de pobreza e exclusión social.
Persoas que poden pedir o Ingreso Mínimo Vital
Que persoas poden ser beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital?
- Maiores de 23 anos que non estean casados, non teñan parella de feito nin que formen parte de ningunha unidade de convivencia.
- Persoas entre 23 e 29 anos que viviran de forma independente en España durante mínimo os dous anos anteriores á solicitude, excepto que abandonasen o seu domicilio por violencia de xénero ou trámites de separación ou divorcio.
- Maiores de 30 anos que viviran de forma independente en España durante o ano anterior á solicitude, excepto que a falta de convivencia cos seus proxenitores sexa debida ao seu falecemento.
- Mulleres maiore de idade víctimas de violencia de xénero ou víctimas de trata de seres humanos e explotación sexual.
- Persoas entre 18 e 22 anos que veñan de centros de protección de menores ou sexan orfos absolutos, sempre que vivan sen integrarse nunha unidade de convivencia.
- Persoas sen hogar.
Requisitos para solicitar o Ingreso Mínimo Vital
Ademais do dito anteriormente, cales son os requisitos que debes cumplir para solicitar o Ingreso Mínimo Vital?
- Residencia en España, continua e ininterrumpida durante mínimo un ano anterior á solicitude.
- Situación de vulnerabilidade económica, da persoa ou unidade de convivencia. O promedio mensual de ingresos e rentas anuais computables do ano anterior debe ser como mínimo 10 euros menos que a cuantía mensual garantizada polo ingreso mínimo vital.
- Patrimonio Neto. Se unha persoa beneficiaria individual ou unha unidade de convivencia posee un patrimonio neto igual ou superior a tres veces a cuantía correspondente coa renta garantizada polo ingreso mínimo vital non cumplirá co requisito de vulnerabilidade económica.
- Incompatibilidade coa asignación económica por fillo ou menor a cargo. Neste cas, reconócese o dereito a ingreso mínimo vital e extínguese a asignacion económica.
- Administradores de Sociedades Mercantiles. As persoas beneficiarias individuales ou de unidades de convivencia nas que algún membro sexa administrador de dereito dunha sociedade mercantil activa non cumple o requisito de vulnerabilidade económica.
Canto cobras co Ingreso Mínimo Vital?
Un beneficiario individual cobrará uns 565,37€ co Ingreso Mínimo Vital e para a unidade de convivencia esta cuantía será aumentada un 30% por membro adcional a partir do segundo, cun máximo do 220%.
A cuantía anterior poderá ser aumentada un 22% cando se trata dunha unidade de convivencia monoparental.
A cuantía mensual da unidade de convivencia poderá sumar un 22% no suposto de que na unidade de convivencia estea incluía algunha persoa cun grao de discapacidade reconocida igual ou superior al 65%.
Ademais, abonarase un complemento mensual de axuda á infancia por cada menor de idade membro da unidade de convivencia.
Como solicitar o Ingreso Mínimo Vital?
Para solicitar o Ingreso Mínimo Vital deberás dispor de un dispositivo con conexión a Internet e acceder á web da Seguridade Social e cumplimentar o formulario de solicitude.
Deberás ingresar o nome da provincia na que vives e cubrir unha serie de preguntas previas, que darán paso a unha serie de campos que terás que completar cos teus datos persoais. O último será cubrir o formulario.
Antes de realizar o formulario, podes revisar se cumples os requisitos no Simulador de IMV.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.