fbpx

Como solicitar o informe de Vida Laboral?

Se algunha vez te preguntaches canto tempo levas cotizando na Seguridade Social ou necesitas o teu informe de vida laboral por algunha razón, estás no lugar correcto. Neste artigo, imos explicar como solicitar o informe de vida laboral e cales son as diferentes opcións dispoñibles para conseguilo. 

Que é o informe de vida laboral?

O informe de vida laboral é un documento que detalla toda a túa traxectoria laboral dende que comezaches a traballar ata o día no que o solicitas.

Contén información sobre as túas cotizacións á Seguridade Social, os teus períodos de emprego, as empresas nas que traballaches e as datas nas que comezaches e remataches cada traballo.

Este informe é esencial para diversas situacións, como solicitar unha pensión, un préstamo ou mesmo para atopar un novo emprego, xa que moitas empresas o solicitan como parte do seu proceso de contratación.

Cantos anos levo cotizados na Seguirdade Social?

Se queres revisar cantos anos levas cotizados na Seguridade Social precisas consultar a túa Vida Laboral. Poderás facelo directamente na web da Seguridade Social.

Como revisar a vida laboral?

Primeiro precisarás acceder a este enlace, que te levará directamente ao apartado de Vida Laboral da web da Seguridade Social, onde poderás identificarte e conseguirás acceso a toda a información.

Descarga a vida laboral por Internet

Para descargar a túa vida laboral deberás seguir os seguintes pasos:

  1. Entra na web da Seguridade Social e vai a «Importass. Portal de la tesorería».
  2. Pulsa en «Vida Laboral e Informes». Elixe «Informe de tu vida laboral.
  3. Pulsa en «Consultar tu vida laboral».
  4. Identifícate con «Cl@ve permanente», «Cl@ve PIN» ou «DNIe o Certificado».
  5. Revisa a túa vida laboral.
  6. Descarga a túa vida laboral.

Descarga a vida laboral sen Certificado Dixital

Se non tes “Cl@ve permanente”, “Cl@ve PIN” ou “DNIe o certificado” poderás consultar a túa vida laboral cun SMS.

  1. Entra na web da Seguridade Social e vai a «Importass. Portal de la tesorería».
  2. Pulsa en «Vida Laboral e Informes». Elixe «Informe de tu vida laboral.
  3. Pulsa en «Consultar tu vida laboral».
  4. Identifícate coa opción «Vía SMS».
  5. Enche os campos que te pide.
  6. Ingresa o código que te envían por SMS.
  7. Revisa a túa vida laboral.
  8. Descarga a túa vida laboral.
@emprego.equipohumano COMO DESCARGAR A VIDA LABORAL. Programa Integrado de emprego da Fundación Equipo Humano. Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. #RRHH #trabajo #entrevistadora #aprendeentiktok #buscandoempleo #galitok #galego #galegosnotiktok ♬ sonido original - Programa Integrado de Emprego

Pedir a túa vida laboral por correo ordinario

Se prefires recibir a túa vida laboral en formato físico, poderás pedila por correo postal a través desta ligazón. Enche todos os datos e pulsa «Solicitar». Agora só terás que esperar a que chegue ao domilicio marcado na solicitude.

Pedir a túa vida laboral por correo ordinario

O tempo de entrega da túa vida laboral por correo postal pode variar, pero normalmente poderalo recibir nun prazo de 4 a 8 días.

Cal é o prezo do Informe de Vida Laboral?

Solicitar o teu informe de Vida Laboral é gratuíto, así que non terás que gastar nada para poder consultala.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.