fbpx

Páxinas para buscar traballo

Buscar traballo pode ser unha tarefa agobiante, por iso, recopilamos unha serie de páxinas web para buscar traballo onde atoparás ofertas de emprego.

5 Páxinas de búsqueda de emprego

Comezamos falando de 5 páxinas para buscar ofertas de emprego nas que revisar todos os días as vacantes ofertadas.

  1. Infojobs – a máis coñecida en España. Poderás atopar ofertas de traballo presenciais e ofertas de teletraballo por toda España. É onde hai máis oferta, pero tamén máis demanda. Poderás activar alertas de empregos. Accede á web.
  2. Indeed – non é tan coñecida pero ten moita forza. É o portal de emprego máis grande do mundo.  Poderás activar alertas de empregos. Accede á web.
  3. Monster – está comezando a coller forza en España. Ten moita forza internacional, así que é unha boa opción se buscas traballo fora de España. Accede á web.
  4. Google Jobs – Google agrupa moitas das ofertas de todos estes sitios web nun só lugar. Está moi ben para ter unha imaxe xeral dos postos de traballo que máis ofertas teñen.
  5. Galejobs – Galejobs é un portal de emprego centrado en Galicia, onde poderás atopar ofertas de emprego en Galicia. Accede á web.
@emprego.equipohumano Programa Integrado de emprego da Fundación Equipo Humano. Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. #rrhh #trabajo ♬ sonido original - Programa Integrado de Emprego
@emprego.equipohumano Programa Integrado de emprego da Fundación Equipo Humano. Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. #rrhh #trabajo ♬ sonido original - Programa Integrado de Emprego

Programas gratuitos para atopar Emprego

Se precisas máis axuda á hora de buscar emprego, hai programas gratuitos financiados por organismos públicos que ofrecen servizos de formación, intermediación e orientación para axudarte a atopar o emprego que buscas.

Algúns destes programas gratuitos de orientación laboral son:

  1. Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Financiado pola Xunta de Galicia. Actualmente axudan a mulleres menores de 30 anos que residan en Coruña, Cambre, Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos, Carballo, Arteixo e Bergondo, desempregadas e sen titulación superior homologada (F.P ou Universitaria). Ofrecen prácticas, intermediación, orientación e formación para mellorar o teu perfil profesional e que atopes emprego. Accede ao sitio web.
  2. Se Buscan Héroes. Un programa para menores de 30 anos desempregados que ofrece formación, orientación e intermediación para atopar emprego ou empezar o teu proxecto empresarial. Accede ao sitio web.

Páxinas para crear redes de contactos

Outra boa maneira de atopar emprego é establecendo unha rede de contactos profesionais. Tamén son coñecidas como redes sociais profesionais e ofrecen un oco na rede para facer Networking.

  • LinkedIn. A máis coñecida por todos. LinkedIn é a rede profesional por excelencia, tamén ofrece un servizo de ofertas de emprego nas que te podes anotar. Ter un perfil profesional activo en LinkedIn é moi interesante na búsqueda de emprego, sobre todo para acceder a ofertas que non se chegan a publicar nunca. Accede á web.
  • Behance. Ideal para traballos visuais, é un portfolio en liña no que mostrar os teus traballos.  É completamente gratuita e permite interacción a través de mensaxes directos. Accede á web.
  • About.me. É unha tarxeta de presentación en liña. Permite personalizar a interface do teu perfil, podes integrar ligazóns e é un bo lugar para ter toda a túa presencia online unificada nun perfil. Accede á web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.