Axencias de traballo e colocación

Estás a buscar emprego pero andas perdida? Unha axencia de traballo ou colocación pode axudarche! Segue lendo para descubrilo todo sobre estas entidades.

Que son as axencias de traballo?

Unha axencia de traballo é unha entidade que axuda ás empresas a encontrar novo talento. Dedícanse a xestionar de forma integral ou parcial os procesos de selección de diferentes empresas.

Como persoa que busca emprego é unha boa estratexia o ter estas axencias de traballo ubicadas, xa que normalmente publicitarán ofertas máis exclusivas nas súas webs e, se te inscribes na súa base de datos, poderás ser chamada directamente cando apareza unha oferta que se axuste ao teu perfil.

Que son as axencias de colocación?

Pola súa parte, as axencias de colocación traballan á inversa. O cliente das axencias de traballo é a empresa que busca novos empregados, o cliente das axencias de colocación son as persoas que buscan emprego.

Desta forma, se formas parte dun programa dunha axencia de colocación recibirás unha asistencia personalizada que ten como obxectivo que encontres emprego.

As axencias de colocación son entidades publicas ou privadas que realizan actividades que buscan proporcionar emprego a persoas desempregadas. Hainas con e sen ánimo de lucro.

Son os servizos das axencias de colocación gratuítos?

As axencias de colocación soen ter programas gratuítos de axuda á empregabilidade para que buscar emprego non supoña un custo. No caso do Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27, non só recibirás orientación, formación e intermediación de balde, senón que recibirás 10€ por cada día de participación nas actividades do Programa.

Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27 ofrecemos orientación, formación e prácticas en empresas, de balde, para que mellores as túas competencias e atopes o traballo que buscas.

Se es maior de 52 anos e estás inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, esta é a túa oportunidade.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Xunta de Galicia - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Ministerio de Trabajo y Economía Social; Programas integrados de emprego de Galicia; Fundación Naru; Xacobeo 2027