Política de privacidade

Versión 1 · 17/11/2026 · Texto pendente de revisión e visto bo pola asesoría xurídica de Fundación Naru.

Nesta páxina explicámosche, de forma clara, como trata os teus datos persoais a Fundación Naru cando visitas esta web ou nos pides información sobre o Programa integrado de emprego de Fundación Naru 2026/27, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei Orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

1. Quen é o responsable dos teus datos?

  • Responsable: Fundación Naru
  • NIF: G02718625
  • Domicilio social: Camiño Real, 28, 15181 Cambre (A Coruña)
  • Sede do programa: Rúa Mendaña de Neyra, 15008 A Coruña
  • Correo electrónico: info@narufundacion.org
  • Teléfono e WhatsApp: 610 57 53 52
  • Delegado de protección de datos (DPD): dpd@atdata.es

2. Que datos tratamos?

  • Datos que nos facilitas no formulario «Quero información»: nome, apelidos, teléfono, correo electrónico (opcional), concello de residencia, canle pola que coñeciches o programa e a túa declaración de que es maior de 52 anos e a túa resposta sobre se estás inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Datos que nos facilitas por WhatsApp, teléfono ou correo: os que ti mesmo/a nos envíes para pedir información.
  • Datos de navegación: os que se obteñen a través de cookies, só nos termos indicados na política de cookies.

Non che pedimos datos de saúde nin outras categorías especiais de datos. Pregámosche que non os incluías nas túas mensaxes. Se nos facilitas datos de terceiras persoas, debes informalas previamente.

3. Para que usamos os teus datos e con que base legal?

FinalidadeBase legal (RXPD)
Atender a túa solicitude de información: contactarte por teléfono, WhatsApp ou correo electrónico (incluído o aviso de que recibimos a túa solicitude) para explicarche o programa e comprobar contigo se cumpres os requisitos de acceso.O teu consentimento, que dás ao enviar o formulario ou escribirnos (art. 6.1.a).
Se decides participar: tramitar a túa incorporación ao programa a través da túa oficina de emprego, xestionar a túa participación (incluídas as comunicacións contigo por teléfono, WhatsApp ou correo electrónico sobre citas, accións e trámites do programa) e xustificar a subvención ante a Administración.Cumprimento das obrigas legais que a normativa reguladora do programa impón á entidade beneficiaria (art. 6.1.c) e execución dun programa de emprego de interese público financiado con fondos públicos (art. 6.1.e).
Unha vez atendida a túa solicitude, seguir enviándoche novidades do programa (novas accións, prazos, actividades) por correo electrónico ou WhatsApp.O teu consentimento expreso, só se marcas a casilla correspondente (art. 6.1.a). Podes retiralo en calquera momento.
Medir o uso da web e mellorar a difusión do programa.O teu consentimento a través do panel de cookies (art. 6.1.a e art. 22.2 da Lei 34/2002).

A incorporación ao programa non depende desta web: a selección realízaa a oficina de emprego conforme á normativa do programa. Enviar o formulario non supón a admisión no programa.

4. Canto tempo conservamos os teus datos?

  • Se non chegas a participar no programa: mentres dure o período de selección e substitución de persoas participantes e, como máximo, ata o 31/12/2027. Despois, eliminarémolos.
  • Se participas no programa: durante a execución do programa e, despois, durante os prazos que exixa a normativa de subvencións para as actuacións de comprobación e control da Administración e os prazos de prescrición das posibles responsabilidades.
  • Comunicacións informativas: ata que retires o teu consentimento.
  • Cookies: durante os prazos indicados na política de cookies.

5. A quen comunicamos os teus datos?

Comunicacións por obriga legal (só se participas no programa ou se o exixe a lei):

  • Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e as oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, para a selección, o seguimento e a xustificación do programa.
  • Organismos de control competentes (intervención e órganos de control externo), xulgados e tribunais, cando proceda.

Provedores que tratan os datos por conta de Fundación Naru (encargados do tratamento, con contrato conforme ao art. 28 RXPD):

  • 3P Ventures, S.L. (CIF B27464593): xestión técnica da web, da captación de persoas participantes e da comunicación do programa.
  • Dinahosting, S.L.: aloxamento da web.
  • Acumbamail: envío de correos electrónicos.
  • Google: ferramentas de oficina en liña onde se rexistran as solicitudes.
  • Meta (WhatsApp): mensaxería, se nos escribes por WhatsApp.
  • [PENDENTE: confirmar o provedor e a localización da ferramenta de automatización (n8n) que trasladará os datos do formulario.]

Non vendemos nin cedemos os teus datos a terceiros con fins comerciais.

6. Transferencias internacionais

Algúns provedores (Google e Meta) poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo. Nese caso, a transferencia ampárase na Decisión de adecuación da Comisión Europea sobre o Marco de Privacidade de Datos UE-EUA (Decisión de Execución (UE) 2023/1795), para as empresas adheridas, ou nas cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

7. Cales son os teus dereitos?

Podes exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como retirar o consentimento que deses, sen que iso afecte á licitude do tratamento anterior.

Para facelo, escribe a info@narufundacion.org ou por correo postal ao domicilio social indicado, indicando o dereito que queres exercer. Se é necesario para comprobar a túa identidade, poderémosche pedir información adicional. Tamén podes contactar co noso delegado de protección de datos en dpd@atdata.es.

Se consideras que non tratamos correctamente os teus datos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

8. Outras informacións

  • Datos obrigatorios: os campos marcados como obrigatorios no formulario son necesarios para poder atender a túa solicitude. Se non os facilitas, non poderemos contactar contigo.
  • Veracidade: garantes que os datos que nos facilitas son certos e están actualizados.
  • Decisións automatizadas: non tomamos decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados nin elaboramos perfís con efectos xurídicos sobre ti.
  • Seguridade: aplicamos medidas técnicas e organizativas apropiadas para protexer os teus datos.
  • Cambios: podemos actualizar esta política para adaptala a cambios normativos ou do programa. A data de actualización figura ao comezo.