Queres destacar nun proceso de selección? Envía un videocurrículo e sorprende. Non sabes como facelo? Segue os nosos consellos.
Facer un videocurrículo pode marcar a diferenza na túa candidatura. Un videocurriculo é un currículo grabado en vídeo que adxuntas co teu currículo escrito.
Pero facer un non é tan sinxelo como parece, así que imos ver 5 consellos para facer un videocurrículo.
Consellos para un vídeocurrículo
- Non leas o teu currículo. O obxectivo de facer unha presentación en vídeo é ofrecer unha visión máis ampla que a que podes dar nun currículo tradicional, por iso, simplemente ler en voz alta o contido do teu cv é moi mala idea. Deberás utilizar o video currículo para resaltar información particularmente relevante, resaltar a túa experiencia e conxunto de habilidades.
- Escribe un guión. Non encendas a cámara e graves o que sala, deberás preparar un guion estruturado, que defina as partes e contido de cada unha delas. Deberá ter unha estrutura similar a esta: presentación, formación, experiencia profesional e información adicional. Non olvides que deberás captar a atención da persoa que o ve dende o primeiro momento.
- Faino breve. Tes que pensar neste vídeo-currículo coma un trailer dunha película, ten que mostrar quen es como traballador e como persoa, pero non explicar toda a información. Se o fas moi longo, os reclutadores non chegarán ao final do vídeo.
- Sé creativa. O obxectivo é chamar a atención da persoa que o está vendo, así que intenta ser creativa e orixinal. Podes ser creativa no guión, no ton, na produción, na edición… Recorda sempre que ten que ser unha peza profesional.
- Proba a compartilo antes de envialo. Envíao a familiares e amigos para que den a súa opinión, ademais, se che da vergoña pasarllo a eles, ao mellor a resposta é que deberás refacelo. Compartilo con xente coñecida fará que estes poidan destacar erros que se che escaparon.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.