Estás a buscar emprego pero andas perdida? Unha axencia de traballo ou colocación pode axudarche! Segue lendo para descubrilo todo sobre estas entidades.
Que son as axencias de traballo?
Unha axencia de traballo é unha entidade que axuda ás empresas a encontrar novo talento. Dedícanse a xestionar de forma integral ou parcial os procesos de selección de diferentes empresas.
Como persoa que busca emprego é unha boa estratexia o ter estas axencias de traballo ubicadas, xa que normalmente publicitarán ofertas máis exclusivas nas súas webs e, se te inscribes na súa base de datos, poderás ser chamada directamente cando apareza unha oferta que se axuste ao teu perfil.
Que son as axencias de colocación?
Pola súa parte, as axencias de colocación traballan á inversa. O cliente das axencias de traballo é a empresa que busca novos empregados, o cliente das axencias de colocación son as persoas que buscan emprego.
Desta forma, se formas parte dun programa dunha axencia de colocación recibirás unha asistencia personalizada que ten como obxectivo que encontres emprego.
As axencias de colocación son entidades publicas ou privadas que realizan actividades que buscan proporcionar emprego a persoas desempregadas. Hainas con e sen ánimo de lucro.
Son os servizos das axencias de colocación gratuítos?
As axencias de colocación soen ter programas gratuítos de axuda á empregabilidade para que buscar emprego non supoña un custo. No caso do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano, non só recibirás orientación, formación e intermediación de balde, senón que recibirás 10€ por cada día de participación nas actividades do Programa.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.