LinkedIn converteuse nunha das ferramentas máis importantes para quen busca emprego ou desexa mellorar o seu perfil profesional. Non abonda con ter un perfil creado, é fundamental traballalo de maneira exhaustiva e estratéxica para destacar e para que os recrutadores atopen exactamente o que buscan. A continuación, contámosche como podes preparar e optimizar o teu perfil de LinkedIn seguindo consellos prácticos baseados en experiencias reais.
Coida a túa marca persoal
O teu perfil de LinkedIn é moito máis que o teu currículo en liña, é a túa carta de presentación laboral. Debes transmitir a túa actividade, intereses e o valor que podes achegar ás empresas. A marca persoal é esencial, así que dedica tempo a completar cada sección con coidado.
Os tipos de contacto de LinkedIn
LinkedIn funciona a través de distintos niveis de contacto:
Primeiro grao: persoas ás que lles envías invitación e aceptan.
Segundo grao: contactos dos teus contactos directos.
Terceiro grao: contactos dos contactos de segundo grao.
Cantos máis contactos de primeiro grao teñas, maior será a túa visibilidade e alcance. Por iso, amplía a túa rede de forma estratéxica, enfocándote en persoas relevantes para o teu sector profesional.
Personaliza o teu banner e URL de LinkedIn
O banner que aparece na parte superior do teu perfil é unha oportunidade para mostrar as túas competencias e personalidade. Podes modificalo en ferramentas como Canva, buscando plantillas de LinkedIn que se adapten á imaxe que desexas proxectar (xa sexa creativa, clásica, etc.).
A URL personalizada tamén é clave para que o teu perfil sexa doado de atopar e compartir. LinkedIn xera unha ligazón predeterminada, pero podes editala (fai clic en “editar URL e perfil público” e logo na icona do lapis) para escoller un nome curto que te identifique claramente.
As palabras clave no titular de Linkedin
O titular é un dos elementos máis importantes, pois é onde aparecen as palabras clave que os recrutadores utilizan ao buscar candidaturas. Esforzate en personalizalo con termos relevantes para o teu sector e habilidades, para aumentar as túas posibilidades de ser localizado.
O poder da foto de perfil
A túa foto de perfil é a primeira impresión que das. Asegúrate de que transmita profesionalidade e estea aliñada co traballo que desexas conseguir:
Escolle un fondo neutro.
Busca unha imaxe formal (non necesariamente con traxe, pero si profesional).
Evita fotos en grupo ou de lecer.
Pensa nas cualidades ou habilidades que queres que se perciban a través da túa imaxe.
Unha boa foto pode motivar os recrutadores a seguir lendo o teu perfil e considerar a túa candidatura.
Preparar o teu perfil de LinkedIn require tempo e atención aos detalles. Considérao o teu escaparate profesional e explora cada sección para presentarte da mellor maneira posible.
Lembra que, se precisas asesoramento personalizado, nunca está de máis contar co apoio de persoas expertas. Non subestimes o impacto dun perfil ben traballado na túa busca de oportunidades laborais!
Se cumpres os requisitos e precisas axuda para buscar emprego, inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller e residente da Coruña ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
