Unha vez tes o teu perfil profesional ben definido, toca comezar a búsqueda en si. Para facelo imos ver a documentación que precisarás para buscar emprego, onde buscar o emprego e como preparar a túa candidatura.
Que preciso para conseguir emprego?
- Currículo. Será, na maioría dos casos, a primeira impresión que unha empresa terá da túa candidatura. É un documento no que deberás presentar o teu perfil profesional deixando ver a túa experiencia, estudos, habilidades e fortalezas. Non tes experiencia? Resalta todas aquelas cousas que fixeches na túa vida que axuden a demostrar que sabes facer o que dis que fas. Aínda que fixeses traballos ou prácticas non remuneradas, todo isto conta como experiencia laboral, non deixes que che gañe a síndrome do impostor.
- LinkedIn. Ter un perfil de LinkedIn completo e activo pode axudarche creando unha rede de contactos que coñezan a túa candidatura. Ademais, se mandas un currículo a unha empresa e búscanche na plataforma, atopar un perfil activo demostraralles que che tomas en serio a túa profesión e o que fas.
- Carta de presentación. É un documento que presenta de forma máis “literaria” a túa candidatura profesional. É importante ter preparada unha carta de presentación modelo que ir adaptando ás diferentes empresas ás que presentes a túa candidatura. Nesta carta deberás presentar o teu perfil profesional, resaltar as túas habilidades, a túa proposta de valor, definir en que podes axudar na empresa e comentar por que che gustaría traballar nesa empresa especificamente.
- Portfolio. Se a túa carreira é máis práctica, deberás ter un portfolio que ensine os traballos e proxectos nos que participaches.
Onde buscar traballo?
Preparar a túa candidatura
Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.