Tes unha consulta que facer ao SEPE? Neste artigo descubrirás como poñerte en contacto co Servizo Público de Emprego Estatal.
O Servizo Público de Emprego Estatal é un organismo que se centra en deseñar, desenvolver e promover medidas e accións para o emprego. No SEPE poderás pedir axuda e orientacións para a túa búsqueda de emprego, ademais de xestionar axudas para o emprego e desemprego.
Como contactar co SEPE?
Se tes algunha dúbida ou consulta sobre a búsqueda de emprego ou sobre algunha axuda ou prestación, probablemente precises poñerte en contacto co SEPE ou coa túa oficina máis cercana. Poderás contactar co SEPE de forma telefónica, presencial ou en liña.
Teléfono do SEPE
O Servizo Público de Emprego Estatal conta con dous teléfonos públicos. O primeiro é o 91 926 79 70, pero neste número non poderás realizar ningunha consulta. O 91 926 79 70 é o número de teléfono para pedir cita previa na túa oficina.
O número de teléfono do SEPE para realizar consultas é o 060. Esta é unha canle que funciona 24/7, é dicir, todos os días a tódalas horas. O 060 é o número de atención da Administración Xeral do Estado e, de ahí, desviarán a túa chamada ao departamento correspondente.
Atención presencial SEPE
Unha das formas máis eficaces de responder as túas dúbidas é ir presencialmente á oficina do SEPE. Para facelo deberás pedir primeiro unha cita previa, xa que non atenderán a ninguén que non a teña. Non sabes como pedir cita previa? Consulta este artigo.
Atención en liña SEPE
O SEPE ofrece tamén un servizo de axuda en liña a través deste formulario web, pero é un formulario só de consultas xerais. En liña nunca responderán a consultas e problemas específicos. Poderás tamén consultar os datos e recibos das prestacións ou facer algún trámite a través da Sede Electrónica do SEPE.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.