Estas buscando emprego e non sabes por onde empezar? O primeiro paso consiste en definir o teu perfil profesional: quen eres profesionalmente e que aportarás a unha empresa?
Definir o teu perfil profesional pode parecer unha tarefa sinxela, pero non o é tanto. Por iso, neste artigo imos explorar todo o que debes ter en conta para definirte profesionalmente.
Define o teu perfil profesional
Como vas a conseguir que te contraten se non saben que podes aportar á empresa?
Por iso, definir o teu perfil profesional é un paso que pode marcar a diferenza. Moita xente pensa que con ter uns estudos e unha experiencia xa teñen todo pensado á hora de conseguir un emprego, pero deberás definir o teu propio perfil profesional para poder venderte ás empresas.
Que significa isto? Pois que dentro da túa carreira profesional, terás que especializarte en algo que queiras ou sepas facer á perfección. Por exemplo, se estudastes comunicación audiovisual, non deberás venderte como «comunicadora audiovisual», porque iso non deixa claro a que te dedicas; dentro desa pola deberás que definir o que fas tí: «creadora de contidos», «realizadora audiovisual», «montadora», «deseñadora gráfica»…
Se sabes facer varias cousas dentro da túa profesión é marabilloso, pero intenta centrarte en 1 ou 2 especialidades que te definan mellor.
Unha vez tes decidido que eres ou quen queres ser, terás que mirar que habilidades ten que ter unha persoa que teña ese titular profesional. Telas todas? Se a resposta é si, xenial, terás que centrarte en demostralas durante a túa búsqueda de emprego. Se a resposta é non, comeza a buscar emprego resaltando as características que si tes e fórmate nas que che falten.
De toda esta investigación profesional deberás conseguir ter moi claro que é o que ofreces e cal é a túa proposta de valor. Por que che querría contratar unha empresa?
Unha vez tes a túa resposta deberás definir o seguinte:
- Titular profesional. É esa frase corta que definirá o teu traballo. «Orientadora laboral», «Content manager», «consultora de formación»…
- Sobre min (ou elevator pitch). Un parágrafo curto no que definas a túa candidatura profesional e deixes ver un pouco sobre a túa personalidade.
- Proposta de valor. O que te fai diferente a todos os demáis que fan o mesmo ca ti.
Unha vez definas o teu perfil profesional e teñas claro como venderte ás empresas, poderás comezar coa túa búsqueda de emprego.
Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.