Queres atopar o teu primeiro emprego pero o teu currículo queda moi vacío? Queres cambiar de sector profesional pero tes medo de que a túa experiencia non se axuste ao teu novo gremio? Neste artigo explicamos todo o que precisas saber para facer un currículo sen experiencia profesional.
O currículo vitae
O currículum vitae é un documento no que unha persoa expón toda a súa experiencia profesional e que entregará a unha empresa para que considere a súa contratación. O normal é que sexa o primeiro paso dun proceso de selección de persoal e, se o currículo non é axeitado, o candidato será descartado. Se queres saber todos os apartados que debería ter un currículo perfecto, podes ler este artigo do noso blog.
Cando vas aplicar a un posto de traballo deberás modificar o teu currículum para que se adecúe ao que piden na oferta de emprego. Pero, que pasa cando non tes experiencia laboral ou a túa experiencia é doutro sector?
Moitas veces, as empresas buscan algo máis que unha traxectoria previa. Valoran actitudes, capacidades de aprendizaxe, compromiso e habilidades transversais. Especialmente en perfís júnior ou en sectores con escaseza de persoal, poden priorizar a motivación e a capacidade de adaptarse rápido. Por iso, non te autolimites por non ter traballado antes no sector: hai outros aspectos que podes poñer en valor.
Apartados dun currículo cando non tes experiencia profesional
Agora, que apartados deberás ter no teu currículo cando non tes experiencia previa profesional?
- Perfil profesional. Engade un parágrafo que explique quen es profesionalmente e intente vender o teu perfil ao reclutador ou reclutadora que o estea lendo. Neste perfil destaca como chegaches a onde estás e a que lugar queres chegar na túa carreira profesional. Se queres máis ideas sobre como afrontar este punto, temos no noso blog este artigo que poderá ser de utilidade.
- Compentencias e habilidades. Pensa: que habilidades teño que aporten a este posto de traballo? Poden ser brandas como traballo en equipo, organización, eficiencia… ou duras como o uso de programas ou software específico.
- Formación. Inclúe toda a formación relevante para o posto de traballo, pode ser formación regrada como universidade ou ciclos, pero tamén deberás incluír cursos e formacións realizadas de forma independente. Eso si, ten preparados sempre os certificados correspondentes por se algunha empresa chos pide. E non mintas!
- Actividades extracurriculares e aficións. Moitas veces non vemos os nosos hobbies como experiencia, pero moitos deles poden demostrar competencias e habilidades. Por exemplo, participar nun grupo de teatro da a entender que eres unha persoa comunicativa, que sabe falar en público e con disciplina para ir aos ensaios, estudar o texto e asistir ás representacións. Eso si, non as engadas sen ningún tipo de contexto, ponas explicando as habilidades e competencias que traballas en elas.
Currículo para cambio de sector profesional
A cousa cambia un pouco cando tes experiencia pero non no sector profesional ao que estás aplicando. É moi importante que teñas en conta que se estás a cambiar de sector profesional, deberás buscar ofertas de emprego para junior e xente que está comezando, non para un cargo senior.
Agora, cando vaias a facer o teu currículo, ademais de ter en conta os apartados anteriores, deberás explicar a túa experiencia profesional pero de forma distinta. Para facelo, colle a experiencia que teñas e, debaixo de cada posto, explica esas tarefas que sexan transversais aos diferentes sectores. Por exemplo, tes experiencia como dependente en tendas de alimentación e queres dar o salto ao mundo do marketing, pois deberás explicar como usabas o marketing para vender, como xestionabas as túas tarefas diarias e se organizabas equipos.
A clave está en saber vender a túa experiencia profesional. Sempre haberá tarefas e habilidades que serán transversais.l
Ten en conta tamén que hai algunhas profesións nas que podes ter experiencia aínda que non fose profesional, e que poderás demostrala cun portfolio. Por exemplo, se sabes programar webs e buscas o teu primeiro emprego como programadora, poderás mostrar no teu portfolio webs que fixeses no teu tempo libre.
Comezar nun novo sector profesional sen ter experiencia previa pode ser complicado, pero o esencial é saber vender as túas habilidades e perfil profesional.
Se cumpres os requisitos e precisas axuda para buscar emprego, inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller e residente da Coruña ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
