fbpx

Que son as competencias dixitais?

Todo o mundo fala de competencias dixitais pero, que son exactamente e onde se poden conseguir? Explicámolo neste artigo.

Nun mundo cada vez máis dixitalizado, ter competencias dixitais está cada vez máis demandado en todos os sectores, sobre todo se estar a buscar un emprego. Por iso, deberás estar completamente actualizada e non deixar de investigar sobre as novas competencias dixitais que van aparecendo.

Pero, que son as competencias dixitais?

Que son as competencias dixitais?

As competencias dixitais son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e estratexias necesarias para o uso dos medios dixitais e das tecnoloxías da información e comunicación. É dicir, as capacidades que ten unha persoa para utilizar a tecnoloxía na súa vida para facela máis sinxela.

O Goberno de España señala 3 pautas para sacar proveito das competencias e para facer un uso responsable delas:

  • Saber. Coñecer os dereitos e riscos do mundo dixital.
  • Saber facer. Sacar o maior proveito das nosas competencias dixitais.
  • Saber ser. Manter unha actidude crítica e realista das tecnoloxías.

Cales son as competencias dixitais básicas?

Agora que xa sabemos o que son, cales son as comptencias dixitais que todo o mundo debería ter? A Comisión Europea plantexa unha lista de 21 competencias dixitais:

  1. Navegación, búsqueda, filtrado de datos, información e contido dixital.
  2. Avaliación de datos, información e contido dixital.
  3. Xestión de datos, información e contido dixital.
  4. Interacción mediante as tecnoloxías dixitais.
  5. Compartición mediante as tecnoloxías dixitais.
  6. Compromiso cidadá coas tecnoloxías.
  7. Colaboración mediante as tecnoloxías dixitais.
  8. Netiqueta.
  9. Xestión de identidade dixital.
  10. Desenvolvemento de contidos dixitais.
  11. Integración e reelaboración de contido dixital.
  12. Copyright e licencias.
  13. Programación.
  14. Protección dos dispositivos.
  15. Protección de datos persoais e privacidade.
  16. Protección da saúde e o benestar.
  17. Protección do medioambiente.
  18. Resolución de problemas técnicos.
  19. Identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas.
  20. Uso creativo da tecnoloxía dixital.
  21. Identificación de lagoas de competencia dixital.

Como desenvolver as túas competencias dixitais

A mellor forma de desenvolver as túas competencias dixitais e intentar aplicalas no teu día a día, pero tamén poderás atopar formacións de pago e gratuitas que buscan completar e desenvolver as túas competencias dixitais.

Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos formacións gratuitas en competencias dixitais e dixitalización. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.