Chegaches á fase entrevista? Noraboa, estás cada vez máis preto conseguir o teu emprego. Se precisas consello… segue lendo.
Unha entrevista de traballo é unha das fases finais dun proceso de selección de persoal no que a empresa ou departamento de recursos humanos decide que é o momento de coñecerche en persoa. Soen ser encontros formais nos que un ou máis entrevistadores faranche preguntas para ver se encaixas ou non no posto de traballo ofertado e na empresa.
Consellos para unha entrevista de traballo
Unha entrevista de traballo asegura que a empresa está interesada no teu perfil, así que partes dun lugar positivo. O que tes que asegurar e que a súa opinión de ti sexa mellor despois de falar contigo. Por iso, deixamos aquí 10 consellos para unha entrevista de traballo:
1. Investiga á empresa
O primeiro de que deberás facer é una investigación sobre a empresa. Terás que buscar información na súa páxina web, nas súas redes sociais, no LinkedIn dos seus traballadores… Así, deberás estudar que fan exactamente, como o fan e cales son a súa misión, visión e valores. Desta forma, poderás adecuar as túas respostas á súa forma de traballo e á súa filosofía de empresa.
2. Destaca as túas fortalezas.
Antes da entrevista deberás realizar un traballo de reflexión e crear unha listaxe de puntos fortes que cres que aportarán valor á túa candidatura.
Utiliza os datos resultantes da investigación da empresa para decidir que fortalezas destacar.
3. Expresa a túa motivación
Terás que transmisitr motivación polo posto de traballo e pola empresa. Esta motivación deberá notarse nas túas respostas e na túa actitude na entrevista.
4. Fai preguntas únicas
Nunha entrevista de traballo ti tamén poderás facer preguntas aos entrevistadores, estas preguntas poderán ser para resolver dúbidas, coñecer máis sobre a empresa ou posicionarte como candidata.
Facer preguntas únicas conseguirá este último punto, pero deberán ser preguntas coherentes.
5. Usa exemplos
Usar exemplos reais nas túas respostas é unha das cousas que posicionará mellor o teu perfil. Non é o mesmo dicir que es unha persoa productiva a exemplificar por que o es (proxectos simultáneos nos que traballas etc).
Estes exemplos deben ser reais e axudarán a afianzar o teu perfil profesional.
6. Cuantifica os teus logros
Cando uses exemplos intenta sempre cuantificar os teus logros. Non digas “grazas a min aumentaron as ventas”, di “o 75% dos clientes que xestionaba realizaban unha compra”.
7. Vístete de forma axeitada
Aínda que non o pareza, a vestimenta elixida para a túa entrevista de traballo pode marcar a diferenza. A chave é intentar adecuar a túa vestimenta á que soen usar no día a día da empresa.
Esta información poderás atopala no LinkedIn e redes sociais da empresa, mirando fotografías publicadas. Ou poderás sacalo como conclusión da súa misión, visión e valores.
8. Sé puntual
É o consello máis simple pero o máis importante. Ser impuntual nunha entrevista de traballo fará que che descarten ao momento. Intenta chegar sempre entre 5 e 10 minutos antes.
9. Sé clara e concisa
Non te vaias polas ramas. Intenta que as túas respostas sexan claras e concisas, isto evitará que os entrevistadores perdan a atención e entendan perfectamente as ideas que queres transmitir.
10. Prepara a entrevista
O último consello é o máis importante, deberás preparar a entrevista de forma axeitada seguindo os nosos consellos. Canto máis preparada leves a entrevista, máis posibilidades terás de dar unha boa impresión.
Non olvides tamén mostrarte real na entrevista, que coñezan á persoa que serás cando comeces a traballar na empresa.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.