fbpx

Consulta o teu expediente de estranxería

Un expediente de estraxería ábrese cada vez que un estranxeiro realiza un trámite no Ministerio de Xusticia e no Ministerio de Administracións Públicas. Este trámite pode ser un permiso de residencia, permiso de traballo, permiso de estudos, etc. Pero, como podes revisar o estado do teu trámite unha vez feito. Explicámoscho.

Consulta o teu expediente de estranxería gratis

Poderás consultar o teu expediente de estranxería de forma completamente gratuita de varias formas: a través de Internet ou a través de SMS. Para consultar o teu expediente de estranxería deberás coñecer o teu número de identificación de estranxeiro ou o teu número de expediente.

Consulta o teu expediente de estranxería a través de Internet

Para consultar o teu expediente de estranxería a través de Internet deberás entrar nesta ligazón e encher os datos pedidos.

Comeza escribindo o teu NIE ou, de non ter un, podes clicar en “Buscar por número de expediente” e escribir o número do teu expediente. Escribe a data de presentación da solicitude e ano de nacemento, resolve o “reCaptcha” indicando que non eres un robot, e clica en consultar. Xa debería aparecer a túa información de estranxería.

Consulta o teu expediente de estranxería por SMS

Para consultar o teu expediente de estranxería vía SMS deberás ir á aplicación de mensaxes de texto do teu teléfono (que non é a misma que Whatsapp) e escribir un SMS so número 600 12 43 77. Na mensaxe deberás por o seguinte:

  • Se queres consultar o teu expediente de estranxería usando o teu NIE, deberás escribir a palabra NIE, deixar un espazo en branco, e poñer o teu número de identificación estranxeiro. Por exemplo, NIE X00000441L.
  • Se queres consutar o teu expediente de estranxería usando o número de expediente, deberás escribir a palabra EXPE, deixar un espazo en branco, e escribir o teu número de expediente. Por exemplo, EXPE 280020101237597

Cales son os estados do expediente de estranxería?

A consulta do expediente poderá ter diferentes respostas, pero que significa cada estado?

  • Aberto – rexistrado. O expediente está rexistrado pero non empezou a tramitarse.
  • Aberto – en tramitación. O expediente está rexistado e en proceso de tramitación.
  • En estudo. O expediente está sendo estudado para a súa resolución.
  • En trámite – requerido. A administración require mais documentación para poder resolver o trámite. Deberás responder coa documentación pedida ou o teu expediente será denegado.
  • Pendente de firma. Significa que xa hai unha resolución do expediente, deberás firmala para recibir a resposta favorable ou negativa do teu trámite.

Que pasa se estranxería non responde en 3 meses?

Legalmente, o silencio administrativo significa é negativo. Isto significa que se en 90 días (ou 3 meses) non tes unha resolución do teu trámite, esta resolución é negativa. Pero dun tempo a esta parte, os trámites administrativos están levando máis tempo do normal, polo que poderás recibir unha resposta positiva despois deses 90 días.

Por que non aparece o meu expediente en estranxería?

Que pasa se vas a consultar o teu expediente de estranxería e este non existe? O primeiro que debes facer é comprobar que os datos proporcionados están ben escritos. Se escribes mal o teu número de expediente ou a data de solicitude, non aparecerá a túa solicitude.

Se está todo ben escrito, o máis probable é que aínda é moi pronto para consultalo. Dende que comezas a tramitacion, poderán pasar uns días ata que o teu expediente aparece coma “Aberto”, así que paciencia.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.