O teu curriculum é a primeira impresión que unha empresa ten do teu perfil. Así, deberás telo moi coidado.
O currículum vitae é un documento no que unha persoa expón toda a súa experiencia profesional e que entregará a unha empresa para que considere a súa contratación. O normal é que sexa o primeiro paso dun proceso de selección de persoal e, se o currículo non é axeitado, o candidato será descartado.
Por iso, é moi importance facer un currícuo atractivo visualmente, cunha boa estrutura e coa información adecuada.
Que apartados debe ter un bo currículo?
O primeiro que debes pensar ao facer un currículo é: que información teño que poñer? Terás que pensar en toda esa información sobre a túa candidatura profesional que se adecúe ao traballo ao que estás a aplicar.
Os apartados que non poden faltar no teu currículo son:
1. Información persoal
Deberás engadir o teu nome e apelidos, o teu número de teléfono, email de contacto, titular profesional e a ligazón ao teu perfil de LinkedIn.
2. Sobre min
Un pequeno texto onde describas quen es como persoa e profesional. Debe ser curto pero deixar marca.
3. Estudos
Onde describes os teus estudos.
4. Experiencia laboral
O mellor é que vaia en orde cronolóxica de máis a menos actual. Deberás destacar que facías no teu posto de traballo e os teus logros. Fala sobre todo das actividades que teñan máis que ver co posto ao que aplicas.
5. Habilidades
Podes diferencialas entre blandas e duras.
6. Idiomas
Co seu nivel e certificación.
7. Software e ferramentes
Se o posto o require.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.