Podes utilizar o teu periodo de desemprego para formarte. Para axudar nesta tarefa o SEPE pon á túa disposición unha serie de cursos gratuítos. Segue lendo para saber como acceder a eles!
Que cursos podo facer estando no paro?
O Servizo Público de Emprego Estatal pon á túa disposición unha serie de cursos para mellorar o teu perfil profesional. Son cursos orientados a persoas desempregadas que queiran avanzar na súa formación.
Hai cursos de temáticas xerais e especializadas, que ofrecen calidade sen custo. Hai todo tipo de cursos, dende presenciais ata en liña, de 10 horas ata 130… Adaptándose ás túas necesidades.
Como acceder aos cursos SEPE
Para acceder aos cursos SEPE o primeiro que deberás facer é inscribirte como demandante de emprego na túa oficina máis cercana. Alí, sempre poderás consultar ao persoal da oficina sobre as opcións formativas.
Se pides cita co teu orientador ou orientadora da oficina de emprego, crearán un itinerario formativo para que poidas conseguir os teus obxectivos.
Se formas parte dun programa de emprego específico, por exemplo o Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano, poderás pedir formacións do SEPE e outras formacións específicas ás túas orientadoras.
Tamén sempre poderás solicitar os cursos dende a túa oficina virtual e dende a páxina do SEPE, no apartado de persoas.
Teñen os cursos SEPE certificado?
Todos os cursos SEPE teñen un certificado oficial e con validez en todo o territorio nacional, estes certificados son expedidos polo propio SEPE ou as oficinas de emprego das diferentes comunidades autónomas.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.