Existe un portal de emprego público do SEPE que facilita a túa busqueda de emprego. Queres saber máis? Segue lendo.
Cando estás en proceso de búsqueda de emprego, lidiar cos distintos portais de búsqueda e ofertas de emprego pode ser unha das cousas máis tediosas. Por iso, o SEPE pon á túa disposición un portal que agrupa todas as ofertas doutros buscadores e spara crear un lugar onde empresas e profesionais se unen.
Que é o Portal Único de Emprego?
Según o SEPE, «o portal único de emprego, «Empléate», responde á necesidade de dispor dun portal que dé a máxima visibilidade ás ofertas de emprego, aloxando toda a información de utilidade para orientar e pór ao alcance da cidadanía e das empresas todas as ferramentas que faciliten a búsqueda de emprego ou o inicio da actividade emprendedora a través dunha estratexia íntegramente dixital.»
En resumo, «Empléate» agrupa todas as ofertas de emprego publicadas en diferentes portais (públicos e privados) nun único sitio. Así, terás todas as ofertas no mesmo lugar, puidendo atopalas de forma máis sinxela e comparalas a toda a oferta.
Como me inscribo en Empléate SEPE?
Para poder ver as ofertas de «Empléate», só terás que entrar na súa páxina web. Á hora de anotarte a algunha, deberás ter unha conta creada na web e a sesión iniciada.
Para inscribirse en «Empléate» terás que ir á parte superior dereita da súa web e clicar en «Crear conta». Enche os datos do pop-up e xa terás a conta lista.
Outra forma de conseguir apoio á hora de buscar emprego, é participar en Porgramas de apoio ao emprego como o Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano.
Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
