fbpx

Erros a evitar nun currículo

A primeira impresión é importante, por iso tes que evitar todos os erros posibles no teu currículo. Segue lendo para saber cales debes ter en conta.

Unha vez que temos toda a información escrita e o currículo creado, chega o momento de revisalo todo. Para iso, deberás ter en conta os erros máis comúns dentro dun cv e intentar evitalos.

O primeiro erro que debes evitar é cometer fallos ortográficos ou sintácticos, xa que son os primeiros que farán que se descarte a túa candidatura.

Outro erro moi grave á hora de realizar un currículo é enviar o mesmo a todas as empresas e ofertas de traballo. O noso consello é que revises a oferta á que estás a aplicar e adaptes o teu currículo a ela. Para facelo, deberás analizar a oferta de emprego para ver que é o que están a buscar e resaltar estas habilidades no teu currículo.

Poderás resaltalas no “Sobre min”, na explicación da túa experiencia laboral, nas túas habilidades… Non fai falla qeu fagas un currículo novo de cada vez, pero si que debes pensar en adaptar o que xa tes.

5 erros a evitar no teu currículo

A continuación, deixamos outra serie de erros que se soen cometer nun currículo e que deberás evitar:

  1. Usar unha fotografía pouco apropiada. De festa, en bañador, con ropa do ximnasio,…
  2. Usar unha fotografía anticuada.
  3. Escribir mal o teu teléfono ou correo electrónico. Xa que non poderán contactarte.
  4. Non poñer o teu número de teléfono ou poñer o dun familiar. As empresas quererán falar contigo persoalmente, non a través dun email, e se pos o número dun familiar dará a sensación de que non tes a independencia suficiente para afrontar un emprego.
  5. Que pareza un currículo pouco traballado.

Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.