A homologación dun título de estudos estranxeiro en España é o proceso de validación e convalidación dun título de estudos no sistema educativo español. Isto é, se tes un título universitario dun país estranxeiro, deberás homologalo para poder ter ese título recoñecido en España e desfrutar das súas vantaxes (acceso a postos de traballo, master…).
O proceso de homologacion dun título en España é competencia do Ministerio de Universidades dende o ano 2020, é un proceso longo e custoso, pero que se pode lograr se tes a información correcta.
Como podo homologar un título universitario?
Para homologar un título universitario deberás realizar 5 pasos:
- Legalización do título e expediente
- Compulsa das copias
- Tradución xurada ao español
- Pago da tasa 107
- Solicitude
Legalización do título e do expediente académico
O proceso de legalización dun título e expediente académico é só preciso para títulos expedidos fora da Unión Europea. Esta legalización é o proceso no que un país estranxeiro garantiza ao Estado Español que a documentación aportada (título e expediente académico) é auténtica.
Podes facelo no propio país onde se emitíu o título ou na embaixada ou consulado correspondente.
Cando remate este proceso, terás un selo de legalización nos títulos e expedientes orixinais.
Compulsa das copias
O segundo paso para homologar un título universitario en España é facer copias compulsadas. Unha copia compulsada é unha fotocopia verificada dun documento oficial. Esta verficación ou compulsa debe de ser feita por un membro do Corpo de Funcionarios do Goberno de España.
No caso dos títulos e expedientes universitarios, poderás realizar copias compulsadas en:
- Rexistro do Ministerio de Universidades.
- Delegacións e subdelegacións do Goberno.
- Embaixadas e consulados de España.
Tradución xurada ao español
Se o teu título non está en español deberás solicitar unha tradución xurada (incluso para títulos da Unión Europea). Esta tradución deberá ser realizada por un Tradutor Intérprete Xurado rexistrado no MAEC.
Pago da tasa 107
O seguinte paso que debes facer é o pago da tasa 107. Esta tasa pagarase descargando o impreso 790 e abonar o pago de 163.22€ nunha das oficinas bancarias que sexan colaboradoras na recaudación tributaria.
Se precisas facer o pago dende fora de España deberás facelo por transferencia bancaria.
Tamén debes saber que os títulos expedidos na Unión Europea non deberán pagar esta tasa.
Solicitude
O seguinte trámite a realizar é a solicitude de homologación. Esta solicitude poderá ser realizada de forma presencial no Ministerio de Universidades ou de forma telemática na web do Ministerio de Educación ou no Ministerio de Ciencia e Innovación. Os documentos a presentar son:
- Copia compulsada do documento de identidade
- Copia compulsada o título a homologar (legalizado)
- Copia compulsada da certificación académica (legalizada)
- Tradución xurada oficial de toda a documentación que non estea en español
- Acreditación do pago da tasa 107
- Acreditación da competencia lingüística en español
Onde podo homologar o meu título?
Actualmente o Ministerio que se encarga das homologacións é o Ministerio de Universidades, así que deberás acudir ahí para realizar a solicitude presencial. Pero se o que prefires é realizala de forma telemática poderás facelo a través da web do Ministerio de Educación ou no Ministerio de Ciencia e Innovación.
Canto tarda a homologación dun título universitario?
A homologación dun título universitario pode levar entre 9 meses e 2 anos. Sempre poderás consultar o estado do teu expediente usando o número de solicitude.
Canto costa homologar un título estranxeiro?
A solicitude de homologación dun título de estudos superiores en España ten un custo de 163.22€. Ademais, deberás contar cos gastos de legalización, compulsa e tradución xurada dos documentos orixinais, que aumentarán esta cifra.
Recorda que se non tes o teu título homologado, no Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano poderemos axudarche a buscar emprego con orientación, intermediación e formación. Ademais, recibirás 10€ por cada día que acudas ás actividades do Programa. Non o deixes escapar.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.