Buscar emprego pode ser unha tarefa desafiante, especialmente nun mercado laboral competitivo. Se es unha muller desempregada na Coruña e queres destacar nos procesos de selección, hoxe queremos presentarte unha técnica que pode marcar a diferenza: o Método STAR.
Este método é unha ferramenta sinxela e eficaz que te axudará a organizar as túas respostas nas entrevistas de traballo, deixando unha impresión clara e profesional. Neste artigo, explicaremos que é o Método STAR, como podes aplicalo e daremos exemplos prácticos para que o poñas en práctica.
Que é o Método STAR?
O Método STAR é unha estrutura que axuda a responder preguntas de tipo situacional ou comportamental nas entrevistas. O obxectivo deste tipo de preguntas é que describas como actuaches en situacións do pasado para prever como actuarás no futuro.
STAR son as siglas en inglés de:
Situación (Situation): describe a situación ou contexto.
Tarefa (Task): explica cal era o obxectivo ou o problema a resolver.
Acción (Action): detalla as accións que levaches a cabo para afrontar a situación.
Resultado (Result): conta cal foi o resultado ou o impacto das túas accións.
Esta estrutura axúda a responder de forma clara, concisa e organizada, evitando que a resposta quede incompleta ou desordenada.
Como aplicar o método STAR nas entrevistas de traballo?
Prepárate con antelación. Antes da entrevista, pensa nas situacións do teu pasado laboral ou persoal que poidan ilustrar as túas competencias. Por exemplo, lembra exemplos onde demostraches habilidades como traballo en equipo, resolución de problemas ou capacidade de liderado.
Identifica preguntas tipo STAR. As preguntas STAR adoitan comezar con frases como:
“Pódesme contar un momento no que…?”
“Cómo afrontaches…?”
“Descríbeme unha situación onde…”
Segue a estrutura STAR para responder. Unha vez identifiques a pregunta, segue a metodoloxía:
Situación: proporciona o contexto necesario para que a persoa entrevistadora entenda o caso.
Tarefa: fala do reto ou obxectivo que tiñas por diante.
Acción: explica que fixeches para afrontar a situación, centándote no teu papel.
Resultado: finaliza coa resolución ou impacto positivo que acadaches. Sempre que sexa posible, inclúe datos cuantitativos.
Practica as túas respostas .Pídelle a unha amiga, un mentor ou un orientador laboral que simulen unha entrevista contigo. Practicar farache sentir máis segura e permitirache mellorar a fluidez das respostas.
Exemplos de aplicación do Método STAR
A continuación, imos ver algúns exemplos de como podes aplicar o Método STAR para responder preguntas comóns en entrevistas de traballo.
Exemplo 1: Traballo en equipo
Pregunta: “Pódesme contar un exemplo de cando traballaches nun equipo para resolver un problema?”
Resposta usando STAR:
Situación: traballaba nun proxecto de deseño dunha campaña publicitaria cun equipo de catro persoas. O prazo para entregar o proxecto era moi axustado.
Tarefa: o meu obxectivo era coordinar as tarefas para que todo o equipo cumprise os prazos sen perder calidade no resultado.
Acción: organicei unha reunión inicial para dividir as tarefas en función das fortalezas de cada membro. Ademais, establecín entregas intermedias para facer seguimento do progreso.
Resultado: conseguimos completar o proxecto a tempo e o cliente quedou moi satisfeito, conseguindo renovar o contrato por outro ano.
Exemplo 2: Resolución de problemas
Pregunta: “Descríbeme unha situación onde afrontaches un conflito no traballo e como o resolviches.”
Resposta usando STAR:
Situación: nunha ocasión, dous membros do equipo tiñan un conflito sobre a distribución das tarefas, o que estaba afectando o ambiente de traballo.
Tarefa: como supervisora, tiña que resolver o conflito para garantir o bo funcionamento do equipo.
Acción: fixen unha reunión conxunta para escoitar ambas partes e buscar unha solución equilibrada. Propoñen reorganizar as tarefas de forma máis equitativa, tendo en conta as preferencias e habilidades de cada un.
Resultado: o conflito resolveuse e o equipo volveu traballar de forma eficiente, acadando os obxectivos establecidos.
Por que deberías usar o Método STAR?
O Método STAR ten múltiples vantaxes:
Clareza: axúda a que as túas respostas sexan claras e organizadas.
Relevancia: permite centrarte nos detalles importantes e evitar divagacións.
Confianza: practicar esta metodoloxía darache seguridade nas entrevistas.
Impacto: as túas respostas serán máis memorables e efectivas para a persoa entrevistadora.
O Método STAR é unha ferramenta poderosa que pode axudarche a destacar nas entrevistas de traballo. Lembra que a clave está na preparación: identifica situacións relevantes, practica as respostas e confía na túa experiencia. Cada entrevista é unha oportunidade para mostrar o mellor de ti mesma.
Como muller desempregada, quizais afrontas retos adicionais, pero con técnicas como o Método STAR e unha boa preparación, estarás máis preto de conseguir o emprego que mereces. Atrévete a brillar e fai que as túas historias de éxito sexan o punto diferencial que te leve ao seguinte nivel profesional.
Se cumpres os requisitos e precisas axuda para buscar emprego, inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller e residente da Coruña ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
