fbpx

O "sobre min" do currículo

O «sobre min» é unha das partes máis infravaloradas do currículo pero unha das máis efectivas para impactar aos recrutadores.

Por iso, neste artigo atoparás unha guía para redactar un «sobre min» claro e existoso. 

Que é o "sobre min" do currículo?

O «sobre min» é un parágrafo dunhas tres ou catro liñas que soe estar ao principio dun currículo no que deberás describir quen eres, a túa traxectoria laboral e as túas aspiracións. Con el, deberás buscar despertar o interese dos e das recrutadoras de persoal.

Que incluír no "sobre min" do teu cv

O sobre min debe de ser un parágrafo curto, dunha 200 palabras, que deberás redactar cosa se fose un eslogan ou descrición de produto. Así, deberás destacar:
  • Título ou función do teu traballo. Para que sepan como eres como profesional e que fas exactamente.
  • Habilidades, tanto sociais como personais. Terás qeu dicir que tes que fai que traballar contigo sexa o óptimo. Tamén deberás deixar ver os teus puntos fortes.
  • Obxectivos profesionais. Que queres conseguir profesionalmente? Cales son as túas metas?
  • Palabras chave. O sobre min é o lugar perfecto para engadir as palabras chave da oferta de emprego.

 

Erros a evitar

Coma en todos os apartados dun currículo, hai certos erros que deberás evitar cando vaias a escribir o «sobre min». Estes erros son:
  • Ser demasiado xeral. Coma ben di o seu nome, o «sobre min» ten que estar baseado na túa experiencia e reflexar quen eres ti. Se o fas moi xeral será coma se non escribises nada.
  • Faltas de ortografía. Coma sempre, un fallo ortográfico no currículo pode ser o erro máis grave de todos.
  • Linguaxe rebuscada. Non busques ser extremadamente culta ou complexa, ten que ser un texto fácil de entender.
  • Falta de personalidade. O sobre min debe ter un ton marcado que estea alineado coa túa personalidade.
  • Demasiado longo ou demasiado curto. Se o sobre min é demasiado longo non o acabarán de ler, e se é demasiado curto non terán a información suficiente. A lonxitude perfecta é escribir unas 3 ou 4 liñas.

Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.