fbpx

Plan de empresa

Tes unha idea de negocio? O primeiro paso que debes realizar é crear un plan de empresa. Segue lendo para descubrir que é e como facelo. 

Lanzar unha empresa é un proceso complexo que precisa dun gran proceso de preprodución previo. Para facer este proceso máis sinxelo, deberás realizar o chamado “Plan de empresa” ou “Plan de negocio”.

Que é un plan de empresa?

Un plan de empresa é un documento detallado que describe os obxectivos, a estratexia e a estrutura operativa dun novo negocio. O seu propósito principal é proporcionar unha guía completa para o desenvolvemento e a xestión da empresa.

Empezar un negocio sen un plan de empresa é como construír unha casa sen facer primeiro os planos, unha receita de desastre. Por iso, deberás dedicar todo o tempo posible a desenvolver o teu plan de empresa.

Con el, marcarás o camiño para seguir para levar á túa empresa ao éxito e planificarás posibles fallos ou desvíos e as diferentes maneiras de solucionalos.

Como facer un plan de negocios

Para realizar un plan de negocios exitoso deberás ter en conta os seguintes apartados:
 
  • Resumo executivo: É unha breve introdución que destaca os aspectos máis importantes do plan, como a misión da empresa, os obxectivos, a estrutura legal, e as proxeccións financeiras.
  • Descrición do negocio: Explica a idea de negocio, a necesidade que satisfai no mercado, a proposta de valor única e a visión a longo prazo.
  • Análise do mercado: Examina o mercado no que operará a empresa, incluíndo información sobre a competencia, o tamaño do mercado, tendencias e oportunidades.
  • Organización e estrutura: Detalla a estrutura organizativa, roles e responsabilidades dos membros crave do equipo.
  • Produtos ou servizos: Describe detalladamente os produtos ou servizos que ofrece a empresa, destacando características distintivas e beneficios para os clientes.
  • Estratexia de márketing e vendas: Explica como se planea posicionar e promocionar a empresa, así como os métodos de venda e distribución.
  • Análise DAFO (Fortalezas, Oportunidades, Debilidades, Ameazas): Avalía os aspectos internos e externos que poden afectar o éxito do negocio.
  • Plan financeiro: Inclúe proxeccións financeiras, orzamentos, balances e outros documentos financeiros importantes.
  • Financiamento: Detalla como se financiará o negocio, xa sexa a través de investimentos, préstamos ou calquera outra fonte de financiamiento.
  • Plan de operacións: Describe os procesos e recursos necesarios para levar a cabo as operacións diarias do negocio.
  • Riscos e mitigacións: Identifica os posibles desafíos e riscos que podería enfrontar a empresa, xunto con estratexias para mitigalos.

O plan de empresa é unha ferramenta esencial para comunicar a túa visión a posibles inversionistas, socios comerciais, empregados e, en última instancia, para ti mesmo como guía estratéxica. É un proceso valioso para pensar en cada aspecto do negocio e tomar decisións fundamentadas.

Lembra que o plan pode evolucionar co tempo a medida que o negocio crece e enfróntase a novas oportunidades ou desafíos.

Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.