fbpx

Preguntas e respostas para unha entrevista de traballo

Chegaches á fase de entrevista? Noraboa, estás moi cerca de conseguir o traballo. Atende aos nosos consellos para pasar esta etapa con éxito.

Unha entrevista de traballo é unha das fases do proceso de selección para conseguir un traballo. Nela, terás un encontro formal con un ou máis entrevistadores que buscan coñecerche e facerche preguntas para determinar se es unha boa candidata para o posto ofertado.

Facer ben unha entrevista de traballo pode asegurar o teu futuro nunha empresa xa que, aínda que te descarten dun proceso de selección, se lles gustastes moito, teranche en conta para procesos posteriores.

A chave para facer ben unha entrevista de traballo é a preparación da mesma.

Cales son as preguntas típicas dunha entrevista de traballo?

Unha boa forma de preparar unha entrevista é previr que preguntas nos poderán facer e levar a súa resposta preparada. As preguntas máis comúns dunha entrevista de traballo son:

  • Fálame de ti. Deberás resumir a túa traxectoria profesional, falando dos teus logros e ambicións e contextualizando a túa candidatura. 
  • Que sabes da nosa empresa? Con esta pregunta buscan saber canto investigaches sobre a empresa e o interesada que estás en traballar nela. Intenta buscar as liñas principais de negocio, a súa misión, visión e valores.
  • Por que debemos contratarte? Esta pregunta está pensada para que destaques as túas fortalezas e digas o valor que podes aportar á empresa. 
  • Dime algún dos teus defectos. Prepara 3 ou 4, queren comprobar o teu nivel de autocoñecemento, indica tamén as solucións que aportas a estes defectos.
  • Cal sería o teu entorno de traballo ideal? Aquí queren saber se encaixas no entorno de traballo, contesta de forma sincera pero intenta encaixar co que sabes da empresa.
  • Traballas mellor só ou en equipo? Non hai unha resposta boa, dependendo do posto ou da empresa poderás traballar de forma máis independente ou máis en equipo, destaca as túas fortalezas de ambas.
  • Cal é o teu soldo ideal? Aquí queren saber se as túas ambicións encaixan co seu presuposto, deberás contestar un rango de soldos e deixar claro que estás aberta a negociacións.

Consellos para responder as preguntas dunha entrevista de traballo

Para responder ás preguntas dunha entrevista de traballo deberás seguir sempre os seguintes consellos:

  • Sé sincera. Todas as túas respostas deberán estar baseadas na realidade, non gañarás nada mentindo.
  • Usa sempre o que sabes da empresa nas túas respostas. Antes dunha entrevista de traballo, deberás investigar a empresa: que fan, como traballan, cales son a súa misión, visión e valores… E deberás usar esta información para adornar as túas respostas. Por exemplo, se preguntan sobre cal é o teu entorno de traballo ideal e sabes que todos os venres fan actividades para construir equipo, podes dicir que valoras moito un equipo de traballo unido que se preocupa dos seus compañeiros dentro e fora da empresa.
  • Usa datos e casos reais. Non é o mesmo dicir que eres organizada a explicar que creastes unha base de datos en Excel para organizar os teus proxectos. Xustifica sempre as túas respostas con exemplos e datos.

Se precisas máis axuda sobre as entrevistas de traballo, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.