«Tes algunha pregunta?» Así soen rematar as entrevistas de traballo, pero, cal é a forma adecuada de contestar esta pregunta?
Este momento pode parecer irrelevante, pero pode ser o momento no que deciden se siguen adiante coa túa candidatura ou non. Neste momento debes evitar preguntas que che fagan quedar mal e facer preguntas que deixen ver que tes interese no posto de traballo.
Que é o mello que podes facer nesta situación? Pois levar preparadas unha serie de preguntas para evitar ter que improvisar. Recomendamos preparar máis dunha pregunta xa que se solo levas unha, cabe a posibilidade de que xa fose respondida durante a entrevista, e non querrás preguntar algo que xa explicaron.
Intenta que as preguntas que realices sexan sobre a empresa, o posto ao que aplicas ou sobre o proceso de selección, e evita preguntas (na primeira entrevista) sobre remuneración, vacacións ou días libres.
Preguntas que NON facer nunha entrevista de traballo
A continuación, deixamos unha serie de preguntas que non debes de facer nunha entrevista de traballo se queres evitar problemas.
- Que se fai nesta empresa?
- A partir de que día podo coller vacacións?
- Cantos días libres corresponden?
- Cada canto tempo hai revisión de soldo?
- Que é o peor de traballar nesta empresa?
- Non teño ningunha pregunta.
Todas estas preguntas deixan ver que o teu interese polo traballo en si é baixo e que a túa preocupación ten máis que ver cas diferentes vantaxes ou condicións que ofrecen. Pensarán que deixarás o traballo no momento que atopes mellores condicións, polo que prefiren evitar este tipo de perfís.
Preguntas que facer nunha entrevista de traballo
Agora, que preguntas podes facer nunha entrevista de traballo? Todas aquelas que teñan que ver co posto e co proceso de selección.
- Como é un día normal na empresa?
- Como se estrutura o equipo de traballo?
- Cales son as posibilidades de crecemento dentro da empresa?
- Cales son os principais retos e oportunidades da empresa?
- Que expectativas ten a empresa a corto e medio prazo?
- Cales son os próximos pasos no proceso de selección?
- Tedes algunha dúbida sobre a miña candidatura?
Utiliza esta última pregunta para resolver as dúbidas que teñan sobre a túa candidatura e dar unha solución a calquera debilidade que vean en ela. É o momento peerfecto para por un toque final á entrevista e defender a túa valía.
Dentro do Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano ofrecemos orientación e intermediación laboral gratuitas. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.