fbpx

Que obrigacións deben cumplir os beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital?

Es beneficiario do Ingreso Mínimo Vital e tes medo de facer algo mal? Neste artigo explicamos todas as obligacións que debes cumplir para non perdelo.

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación económica da Seguridade Social destinada a prevenir o risco de pobreza e exclusión social. Como toda axuda ten as súas condicións para ser concedida e, unha vez concedida, unhas obligacións que deberán seguir os beneficiarios para non perdela.

Obrigacións dos beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital

As obligacións que deben cumplir as persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital son:

  • Proporcionar documentación e información precisa para acreditar os requisitos e conservar a prestación, así como recibir notificacións e comunicacións.
  • Informar sobre calquer cambio ou situación que poida modificar, suspender ou terminar a prestación nun plazo de 30 días dende que ocurran.
  • Comunicar cambios de domicilio ou situación no Padrón Municipal que afecten ao titular ou a calqueira outro membro da unidade de convivencia nun plazo de 30 días naturais dende que pasen.
  • Reembolsar prestacións recibidas de forma errónea.
  • Notificar á entidade xestora con anticipación as saídas ao estranxeiro que superen os 90 días naturais por ano natural, tanto do titular como dos membros da unidade de convivencia, e proporcionar xustificación en caso de ausencia por razóns de saúde.
  • Presentar todos os anos a declaración correspondente ao Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas.
  • Cumprir as condicións establecidas para a compatibilidade da prestación do IMV cos ingresos de traballo ou actividade económica (se corresponde).
  • Participar en estratexias de inclusión promovidas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Ademais, as persoas que forman parte da unidade de convivencia tamén teñen responsabilidades, como informar do falecemento do titular, notificar de calquer feito que poida afectar ao propósito da prestación e cumprir coas obrigacións establecidas para o titular no caso de que este non poida facelo por calquera motivo.

Por que se deixa de cobrar o Ingreso Mínimo Vital?

Hai unha serie de motivos polos que podes chegar a perder o Ingreso Mínimo Vital de forma temporal. Estes poden ser:

  • Pérdida temporal dos requisitos esenciais.
  • Incumprimento temporal das obrigacións por parte do titular ou algún membro da unidade de convivencia.
  • Incumprimentos previos de obligacións que resulten nunha suspensión cautelar.
  • Saída ao estranxeiro por menos de 90 días sen notificalo ou xuistificalo.
  • Non presentar a Declaración da Renta durante dous anos seguidos.
  • Incumprir os límites de ingresos e patrimonio establecidos para cada ano.
  • Outras causas que poidan ser definidas mediante regulacións.

Esta suspensión temporal manterase mentres dure a causa, aínda que se este tempo acada o ano de duración se considerará o IMV extinto. Entre as causas que ocasionan a extinción do Ingreso Mínimo Vital atopamos:

  • Pérdida permanente das obligacións e requisitos para recibir a prestación.
  • Renuncia voluntaria do IMV.
  • Falecemento do titular da prestación.
  • Mudanza ao estranxeiro sen notificación nin xustificación por máis de 90 días.
  • Acumulación de sancións en máis dunha ocasión.
  • Outras causas que poden ser definidas mediante regulacións.

Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.