O Servizo Público de Emprego Estatal é unha institución fundamental en España cando se trata de proporcionar apoio económico a toda a xente que o precisa. A súa misión é contribuír ao benestar dos cidadáns en situación de desemprego, incapacidade ou necesidade de formación.
Que preciso para cobrar unha prestación por desemprego?
Para cobrar unha prestación por desemprego deberás cumprir os senguintes requisitos:
- Afiliación á seguridade social. Debes estar afiliado e en situación de alta na Seguridade Social nun réxime que contemple a continxencia por desemprego.
- Situación legal de desemprego. Debes estar en situación legal de desemprego, estar dispoñible para buscar activamente emprego e aceptar unha colocación adecuada. A solicitude debe incluír un acordo de actividade.
- Inscrición como demandante de Emprego. É preciso estar inscrito como demandante de emprego e manter esta inscrición durante todo o período no que se perciba a prestación.
- Período mínimo de cotización. Deberás ter traballado e cotizado ao desemprego como mínimo 360 días nos últimos 6 anos.
- Idade para xubilación. Non debes ter alcanzada a idade ordinaria de xubilación.
- Compatibilidade con outras actividades. Non podes realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo.
- Pensión incompatible. Non debes estar cobrando unha pensión da Seguridade Social incompatible co traballo.
Tipos de prestación
Actualmente están dispoñibles as seguintes prestacións:
- Axuda familiar. Persoas con responsabilidades familiares que esgotaron a prestación contributiva poden acceder a un subsidio por desemprego. A duración será de 6 meses prorrogables por períodos semestrales, en función da idade e da duración da prestación por desemprego esgotada.
- Subsidio por cotización insuficiente. Se non cotizastes os 360 días necesarios para o paro, pódese acceder a un subsidio por desemprego. A duración depende do tempo cotizado e das responsabilidades familiares.
- Subsidio para emigrantes retornados. Españoles que traballaron no estranxeiro e non teñen dereito á prestación contributiva. Esta axuda concédese durante 6 meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses sempre que continúen manténdose os requisitos.
- Subsidio para liberados de prisión. Para as persoas que deixan o cárcere tras máis de 6 meses privadas de liberdade. Esta axuda concédese durante 6 meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses sempre que continúen manténdose os requisitos.
- Subsidio para maiores de 52 anos. Persoas maiores de 52 nos que cumpren cos requisitos para xubilarse salvo por idade, poden solicitar un subsidio de 463 euros ao mes mentres buscan emprego. Esta axuda pode ser percibida ata que alcancen a idade de xubilación no sistema da Seguridade Social.
- Subsidio e renta agraria. Axuda específica para traballadores eventuais do campo en Andalucía e Extremadura debido ao alto desemprego neste sector.
- Subsidio por revisión de incapacidade. Persoas que son declaradas plenamente capaces ou incapacitadas en certos graos de incapacidade permanente poden recibir este subsidio durante un período de 6 meses, alcanzando un máximo de 18 meses.
Se cumpres os requisitos e precisas axuda para buscar emprego, inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.