Non cotizastes o suficiente para solicitar o paro? Pode que teñas acceso ao subsidio por desemprego. Sigue lendo para saber se tes dereito a solicitalo.
O subsidio por desemprego é unha axuda da Seguridade Social de España feita para xente que non cotizou o suficiente como para recibir a prestación contributiva (comunmente coñecida coma paro).
Quen ten dereito ao subsidio por desemprego?
O subsidio por desemprego está orientado a desempregados:
- Que cotizasen menos dun ano e non teñan dereito a paro
- Que xa agotaron o paro e teñen responsabilidades familiares
- Que teñen máis de 45 anos e non teñen acceso ao paro
- Que traballasen un mínimo de 12 meses nos últimos 6 anos nun país do Espazo Económico Europeo que non teña convenio con España sobre protección de desemprego.
- Que salisen de prisión e non tivesen libertade por un mínimo 6 meses.
- Que fosen declarados capaces ou con incapacidade parcial despois dunha situación de invalidez ou incapacidade absoluta ou total para traballar.
Canto te dan polo subsidio de desemprego?
No subsidio por desemprego cobrarás o 95% do IPREM os 6 primeiros meses (570€), o 90% do IPREM os 6 meses seguintes (540€) e, durante o resto da prestación (ata 21 meses) cobrarase o 80% do IPREM (480€).
Como saber se teño dereito ao subsidio por desemprego?
Para consultar se tes dereito a recibir o subsidio por desemprego poderás:
- Chamar ao 060
- Acudir á túa oficina de emprego (pide cita previa)
- Realizar o trámite de forma online
Como pedir o subsidio por desemprego en liña
Para pedir o subsidio por desemprego en liña deberás entrar nesta ligazón e identificarte con “Certificado Dixital, DNI electrónico ou Cl@ve” ou con “Pin teléfono móvil”.
Despois, deberás seguir os pasos para encher a solicitude e listo.
Se non dispós de ningunha das formas de identificación ditas anterioremente, deberás ir á túa oficina de emprego.
Recorda que se precisas axuda para buscar traballo, no Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano poderemos axudarche a buscar emprego con orientación, intermediación e formación. Ademais, recibirás 10€ por cada día que acudas ás actividades do Programa. Non o deixes escapar.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.