fbpx

Facer un currículum gratis

Unha das partes máis importantes da túa búsqueda de emprego é contar cun bo currículo, per como podes facelo de forma gratuita? Segue lendo.

O primeiro que precisas para facer un bo currículo é contar coa información que debes escribir nel. Para facelo, segue as indicacións deste artigo.

Unha vez tes toda esta información escrita, chega o momento de darlle forma. Aínda que o máis importante sempre vai a ser o contido, a primeira impresión é sobre o seu aspecto estético, así que deberá estar moi coidado.

Non tes coñecementos de deseño? Non debes preocuparte. 

Onde podo facer o meu currículo de balde?

Hai unha serie de aplicacións que che poderán axudar a dar forma ao teu currículum vitae completamente de balde. A continuación, deixamos unha listaxe destas aplicacións:

  • Google Docs. Se tes unha conta de gmail, tes acceso á certas ferramentas como Google Drive, Google Docs, Google Sheets… Google Docs é a versión de Google de Microsoft Word, pero esta é completamente gratuíta. En Docs, terás modelos que usar á hora de crear o teu currículo, aínda que son modelos centrados no contido e non tanto no aspecto visual. Poderás exportar o cv no formato que prefiras.
  • Canva. É unha das aplicacións máis usadas para crear o teu currículo. Ten milleiros de modelos centrados no aspecto visual para poder facer o teu cv. Só precisarás crear unha conta para poder usalo, pero é completamente gratuíta. Poderás exportar o cv no formato que prefiras.
  • Infojobs. Podes usar a propia plataforma de buscar traballo Infojobs para crear o teu currículo. Non será tan estético coma as opcións anteriores, pero é axeitado.

Como realizar un currículo en PDF gratis?

O mellor formato para mandar o teu currículo é o PDF, xa que é un formato non editable que asegurará que o cv sexa visto da forma na que ti o mandaches. En resumo, asegura que nada se mova cando sexa aberto dende outro dispositivo.

Ademais, é un formato moi versátil xa que se pode abrir dende calquera dispositivo e incluso enviar a través de sistemas de mensaxería.

Calquera das aplicacións gratuítas nomeadas no punto anterior teñen a opción para descargar o currículo en formato PDF, así que deberás asegurarte de escoller esa opción cando vaias a descargar o teu cv.

Que aplicación é boa para facer un currículo de balde?

Dende o Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano sempre recomendamos o uso de Canva. Canva conta con milleiros de modelos completamente gratuitos que poderás personalizar ata o infinito para que o teu currículo sexa coma ti queres.

É unha plataforma centrada no aspecto visual dos documentos que fagas, así que é a opción perfecta para dar forma ao teu currículo cando non tes coñecementos de deseño.

Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.