Tes unha entrevista de traballo e estás nerviosa? Imos repasar as preguntas que máis fan os entrevistadores para que poidas preparalas. Segue lendo!
A entrevista de traballo é unha das últimas fases dun proceso de selección e levala ben preparada é fundamental para poder superala. Para iso, comeza seguindo os consellos que explicamos neste artigo.
Unha vez os teñas repasados e ben interiorizados, chega o momento de preparar a resposta ás posibles preguntas que che farán na entrevista.
10 preguntas que poden facer nunha entrevista de traballo
Levar as seguintes preguntas de entrevista preparadas asegurará que poidas dar respostas rápidas, claras e concisas e reducirá o risco de que se te olvide dicir algo importante. Estas preguntas son:
- Fálame de ti. Nesta pregunta deberás presentar a túa candidatura profesional, sempre axeitada ao posto de traballo ao que aplicas e destacando as túas fortalezas e habilidades.
- Que sabes sobre a nosa empresa? Con esta pregunta buscan varias cousas, a primeira é ver canto teñen que explicar eles para que comprendas a empresa e o que precisan, pero tamén queren saber cal é a túa implicación co proceso de selección. Saber sobre que vai a empresa e dar unha boa explicación do que fan e como o fan engadirá puntos á túa candidatura.
- Por que debemos contratarte a ti e non a outro candidato? Nesta pregunta non buscan que tires por terra o traballo do resto de candidatos, pero si que busques as facetas do teu perfil que mellor se adecúen ao posto e as expliques. Deberás dicir que problemas poderás solucionar na empresa e que vas a aportar ao equipo de traballo.
- Dime tres dos teus defectos. Con esta pregunta buscan saber o nivel de autocoñecemento que tes sobre a túa candidatura. Deberás dar tres defectos sinceros pero engadir que é o que fas para intentar solventalos todos os días.
- Que buscas neste traballo? Os entrevistadores e entrevistadoras buscan ver que as túas intencións están alineadas co perfil que están a buscar. Ao mellor queren a alguén que busque crecer profesionalmente dentro da empresa, ou poden querer a un traballador temporal que solucione algún problema específico.
- Cal sería o teu entorno de traballo ideal? Queren asegurarse de que a súa forma de traballo está en liña coa súa. Por exemplo, se son unha empresa tradicional que bsuca que a xente estea na oficina todo o tempo, queren saber que non os abandonarás en canto che saia un emprego de teletraballo.
- Traballas mellor só ou en equipo? Moitas empresas valoran o traballo en equipo e colaborativo, cando outras prefiren un traballo individual. O que queren é saber que estarás cómoda no teu posto e encaixarás no seu equipo de traballo.
- Cal é o maior reto ao que te enfrentaches? Pode ser calquera tipo de reto, profesional ou persoal, pero sempre debe estar aliñado cunha cualidade que queras transmitir. Deberás explicar por que é un reto para ti e que solución aportaches.
- Cal é o teu soldo ideal? Esta pregunta parece sinxela, pero non o é. Queren saber cales son as túas expectativas salariais e se poden competir con elas. Da sempre un rango salarial no que moverte.
- Tes algunha pregunta? Esta soe ser a última, neste momento o entrevistador da un espazo para que poidas preguntar todas as dúbidas que teñas sobre o emprego e o proceso de selección.
Prepara todas estas preguntas e vai tranquila á entrevista. Moita sorte.
Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.
Axudámoste a buscar emprego
No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.
Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.
Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.