fbpx

10 Consellos para o teu currículo

Neste artigo atoparás 10 consellos que farán que o teu currículo pase de bo a increíble. Segues lendo?

En artigos anteriores vimos que apartados debe ter un currículo ideal, onde facelo e erros a evitar. Así, imos ver 10 consellos que elevarán o teu currículo. Lendo estes catro artigos, poderás facer un currículo que te asegurará pasar de fase nos procesos de selección.

Consellos para un currículo irresistible

Aplica os seguintes consellos para mellorar o teu currículo:

  1. Breve pero conciso. A lonxitude recomendable dun currículo é de 1 ou 2 páxinas, se chega a ser máis longo, perderás a atención da persoa que o está lendo. Vai ao grano é sé concisa.
  2. Resalta visualmente o máis relevante. Usa a negrita e o subliñado para resaltar as habilidades e experiencia máis relevantes para o posto ao que aplicas.
  3. Deixa espazos, que respire a información. Moitas veces tendemos a agrupar toda a información nun espazo moi pequeno, pero iso pode facer que o teu currículo non se lea tan ben. Non teñas medo a deixar espazos entre seccións e deixar que “respire” a información.
  4. Inclúe un texto breve relatando o teu perfil e obxectivos profesionais.
  5. Utiliza un email profesional. Recomendamos sempre facer un email profesional co teu nome e apelidos. Non é unha boa idea ter no currículo o email que creastes con 13 anos que ten un nome gracioso. Iso si, se creas un novo email, asegúrate de revisalo.
  6. Divide o contido en seccións. Isto fará que a información estea organizada de forma correcta e facilitará a lectura.
  7. Utiliza verbos de acción. Axudarán a demostrar todo o que sabes facer e os teus logros de forma máis clara.
  8. Usa palabras chave. Deberás engadir as palabras chave da oferta de emprego á que esteas postulando. Por exemplo, se na oferta precisan unha persoa que marketing que sepa editar, deseñar e publicar en redes, deberás resaltar estas habilidades na túa experiencia profesional e engadir as palabras “edición”, “deseño” e “publicacións” no teu currículo.
  9. Enfoca a túa experiencia en logros e resultados. Cando expliques a túa experiencia deberás engadir as accións realizadas no posto e os resultados obtidos (por exemplo, xestión de redes da marca X que levou a un aumento das ventas dun 50%). Ademais, se hai algún logro específico, deberás engadilo. Por exemplo, record de engagement na marca,
  10. Personaliza o teu currículo adaptándoo a cada oferta de emprego.

Se precisas máis axuda, poderás acceder ao Programa Integrado de Emprego da Fundación Equipo Humano. Revisa se cumpres os requisitos e inscríbete na nosa web.

Axudámoste a buscar emprego

No Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Equipo Humano ofrecemos formación, orientación, itermediación e PRÁCTICAS en empresas, COMPLETAMENTE DE BALDE para que mellores as túas competencias e ATOPES ese TRABALLO que buscas.

Se es muller, residente da Coruña, menor de 30 anos e non tes titulacións superiores (F.P ou Universitarios) ESTA É A TÚA OPORTUNIDADE para dar o salto ao mundo laboral.

Financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.